Jesús Ricardo Martínez Balirac, un xesuíta noiés

O Escritor. Reflexiones_sobre_perfección_sacerdotalPastor Rodríguez. Entre os escritores relixiosos orixinarios do Barbanza, a maioría pertencen ao clero secular (Faustino Rey Romero, Torres Queiruga…), pero no clero regular a parte do león é para os franciscanos (Santiago Agrelo, Luís Rodríguez), o que é perfectamente lóxico se pensamos na presenza dos conventos de San Francisco na Pobra do Caramiñal, Noia e Louro, ademais da proximidade do convento de Herbón. Entre o resto dos sacerdotes regulares destacan os membros da Compañía de Xesús con nomes como o boirense Celestino García Romero e José López Calo, o musicólogo de Porto do Son. Outro xesuíta destacado foi Jesús Ricardo Martínez Balirac, nacido en Noia o 12 de febreiro de 1894. Dedicado ao ensino, estivo destinado en China e máis tarde volveu a España para ensinar na universidade de Comilllas, propiedade da súa orde. Aínda que a súa especialidade foi a Teoloxía Moral, deixou testemuño da súa estadía chinesa na obra Bajo la tiranía de Tuc-Duc, que editou en Bilbao no ano 1936. Xa da súa especialidade, a Moral, publicou unha obra máis extensa, tanto en revistas relixiosas como en libros, entre os que se poden citar Lecciones esquemáticas de moralidad; a obra dirixida ao clero, Reflexiones sobre perfección sacerdotal, pero na súa época foi moi estimado pola máis extensa das súas obras, os dous volumes de Estudios modernos de Teología Moral, obra destinada aos estudos universitarios. O padre Martínez Barilac faleceu en Comillas o 22 de xaneiro de 1967 aos setenta e dous anos. No Barbanza ocupouse brevemente da súa obra Manuel Fabeiro Gómez e, a nivel español, o padre Garmendía de Otaola comentou algunha das súas obras en Lecturas buenas y malas, editadas en 1949. Este tipo de obras foron frecuentes dende finais do século XIX para guiar as conciencias dos bos cristiáns e prohibirlles as lecturas que a Igrexa Católica consideraba perniciosas. Como é natural, dende eses criterios morais e non literarios, a obra de Martínez Balirac é “boa”; é dicir, moralmente beneficiosa.

Un comentario en “Jesús Ricardo Martínez Balirac, un xesuíta noiés

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *