Auicia

omgslf_bsoncartyMarina Losada Vicente. Algo se remexeu no seu interior cando viu a foto. A imaxe fixérana pública sen o seu consentimento. Nin lembraba que lla tiraran. Os órganos que alí se exhibían eran, non cabía ningunha dúbida, os seus. Coincidían en todo coa descrición pormenorizada que fixera deles a neumóloga. As zonas de cor gris escura, no lugar do rosado natural. Aqueles buratos negros, a superficie rugosa, como granulada, seca. Dous cachos de carne escachada que en nada se parecían a uns pulmóns sans. Os bronquios engruñados (bronquios,bronquíolos e alvéolos). Pequenos cráteres no tecido pulmonar, lesións de hai tempo. Aquelas eran as súas cavidades, os sacos contra os que boxeaba. O autor da imaxe fotografáraos e publicáraos sen ela saber. E agora estaban alí, no paquete de tabaco que acaba de mercar, mirándoa, mirándoa a ela, que sufría en primeira persoa os efectos da súa dependencia.

Por un impulso que non puido controlar, Auicia tirou o paquete á lareira que acababa de acender para botar o churrasco. Escoitou como renxía o plástico de fóra, que se engurraba sobre si mesmo formando unha pequena boliña. Mirou de queimar o cartón, que se ía ennegrecendo, como fixeran cos anos os seu propios pulmóns, agora exhibidos publicamente, para escarnio dela mesma. Oíu con todos os sentidos os ruxidos do benceno ardendo, esta vez fóra do seu corpo. Impregnouse do fume negro de monóxido de carbono, tal que saíse do tubo de escape dun coche vello. Aspirou absorta o veleno do cianuro, do arsénico. Queimouna o alcatrán mentres se derretía. Atravesouna a forza do amoníaco. Sentiu como se inflamaba o butano, o metano e tanto elemento perverso dos cigarros. Despois nunha mañá de consumo convulsivo, viu como se consumían os tres cigarros que quedaban dentro. Suspirou inqueda.

De novo un impulso fíxoa retirar aqueles restos da lareira, sabendo que queimaría os dedos. Un dos cigarros estaba sen acabar de arder. O filtro intacto, aínda que con restos de borralla. Quedaban uns tres centímetros que ninguén fumara, unha cabicha, aí onde os fabricantes colocan a maior carga da nicotina. Sentou fóra, ao abrigo do soportal, levando con ela un tizón da propia lareira. Prendeu o pito. Auicia suspirou e dixo: Mañá, de novo, deixarei de fumar.

2 comentarios en “Auicia

  1. Auicia é unha persoa encantadora que merecería ser protexida de todo naufraxio. Mais non se pode rescatar a quen non se deixa. Pensa que so se fai dano a si mesma. E non é certo. Como sexa, cóntoa entre as miñas mellores amigas.
    Bicos, Magadalena.

  2. Jamás he fumado, pero, mi padre lo hacía como suele decirse “igual que un carretero”.
    Su contrincante “el tabaco”le ganó la partida, al principio por asaltos y luego le dejó K.O.
    Cuando veo a muchachos que se dedican a trasladar de una boca a otra varias colonias de microbios pasándose el cigarro, me da repelús, pero cuando uno es joven ve el futuro muy lejano y no piensa el amoniaco y cianuro que se está “inyectando” por vía oral para dejar en herencia al aparato respiratorio esas setenta sustancias tóxicas. El tabaco todos sabemos que mata, pero es muy sustancioso en lucro, igual que las tiendas de compraventa de venenos en los tiempos de los Borgia.

    Mi hija, dice lo mismo que Auicia en la última línea:
    ” Mañana, dejaré de fumar”

    Besiños palmeiráns, queridísima Marina.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *