Atopeime na rúa

imagesX. Ricardo Losada. Hai persoas que non coñezo pero teño ganas de coñecer, e hai persoas que coñezo e gustaríame non ter coñecido. As relacións humanas configúranse por moitos factores, entre os que o azar xoga un papel predominante, pero tamén polo destino e a herdanza, e iso, quizais, sexa moi inxusto. Acaso non deberiamos valorar máis os amigos -escollidos, ao fin e ao cabo- que os familiares, impostos por circunstancias que escapan aos nosos designios? En contra dese dito que sostén que hai que amar máis os pais que a esposa ou o marido, porque estes atopáchelos na rúa, a razón parece decantarse polos segundos, pois implican un maior grao de liberdade e, xa que logo, de humanidade.

Mira Milosevich di do filósofo Slavoj Zizek: «Non o entendo nin sinto desexo de entendelo». Un factor clave para que me decantase por estudar filosofía foi ese. Cando oía falar na clase dos filósofos, non entendía moi ben que querían dicir, pero sentía unha forte necesidade de entendelos. E, andando o tempo, descubrín algo marabilloso, en contra da necesidade adolescente de ver claro e sentirse seguro. Os filósofos e escritores que máis me gustan son aqueles que non entendo totalmente, pero que teño desexo de entender, tal e como me pasou co meu paisano Manuel Antonio, e tal e como me pasa, noutro ámbito, cos amigos. Os mellores foron sempre aqueles que nunca entendía de todo pero que sempre desexaba entender.
As únicas persoas coas que non me pasa iso son os meus familiares directos (pais, irmáns, sobriños), pero, sobre todo, con miña nai. Entendina desde que me pariu e nunca desexei entendela doutra forma. E dáme a impresión de que a ela lle pasa o mesmo. Entendeume desde que nacín e non desexa entenderme doutra forma. Se iso é o que significa que non a atopei na rúa, e que por iso a quero máis, acepto encantado que as mellores relacións humanas, as únicas inextinguibles, tróuxomas o destino, sen que iso signifique que renuncie ao azar. Ao fin e ao cabo, sempre me vin a min mesmo, máis que como un familiar, como un amigo. Non me entendo, pero sinto un enorme desexo de entenderme.

4 comentarios en “Atopeime na rúa

  1. Prezada Carmen:

    Grazas polo comentario sobre o meu libro. Xa teño dito neste mesmo café que é
    un libro do que estou moi orgulloso. Como o estou dese despiste teu, tan xustificado, neste caso (río). Faime ilusión imaxinarte nun bus madrileño con el na man.

    O tempo é o gran misterio. A min, que teño poucas cargas, tampouco me chega a nada.

    Gústame que as persoas que quero e ás que lles debo moito, saiban que as quero e que lles debo moito. Non quero arrepentirme algún día de non térllelo dito en vida.
    É o mínimo que un debe facer.

    Xa sabes o que opino de que son un filósofo. Pero é certo que me dás outra alegría ao definir os meus textos dunha forma tan fermosa: “rebuscar en nuestro interior esa parcela tan difícil de interpretar”.

    Apertas rianxeiras

  2. Querido profesor:
    “Manuel Antonio”… Cada noche leo un poco (a la hora que tengo por norma acostarme, no puede ser mucho) y me está encantando su lectura. Me gusta tanto que esta mañana, volviendo de una de las actividades en las que ando metida, enfrascada en la lectura del libro, me he pasado tres paradas de autobús. No sé cómo lo hago, pero, por más que trato de emular a Magdalena en la organización de mi tiempo, me meto en tantos berenjenales que no me llega a nada.
    De tu estupendo artículo, me quedo con esta frase: “Acepto encantado que as mellores relacións humanas, as únicas inextinguibles, tróuxomas o destino, sen que iso signifique que renuncie ao azar”.
    Me fascina la bellísima descripción que haces de la relación con tu madre.
    Teniendo en cuenta que eres un filósofo -y aunque tú no te entiendas-, a los que te leemos nos impulsas a rebuscar en nuestro interior esa parcela difícil de interpretar.
    Fermosos sonos, profesor.

  3. Prezada Magdalena:

    Alédame saber que fago pensar cos meus textos. É o que busco cando escribo.

    Polo demais, non estou moi de acordo con esa frase de Lacordaire. EU penso
    o contrario. O bo goberno é aquel que non se parece en nada a unha familia. Un
    dos problemas da política actual é que os partidos políticos, base da democracia,
    se converteron en asociacións biolóxicas máis que sociais, e aplican un instintivo
    principio de supervivencia cos resultados que estamos vendo.
    Tampouco teño unha visión moi idílica da familia. Recorda que un neno ten máis
    posibilidades de ser agredido, acosado ou violado na contorna familiar que fóra
    dela. Iso si. A miña familia é marabillosa ou, cando menos, fórono comigo.

    Apertas moi fortes

  4. Bonito relato, querido profesor, al leerlo, una siente la necesidad de pensar.

    Yo creo, que no se puede medir el cariño de la amistad con el consanguíneo. Son amores muy diferentes. El amor de padres a hijos y viceversa, contienen amor y ternura. El cariño a los amigos y allegados es de afecto y apego hacia esa persona que te gusta tener a tu lado para charlar, pasear, tomar un café… A veces, incluso discrepas de su forma de pensar, pero la quieres, y aunque esté en las antípodas de tus razonamientos, los valoras, por muy diferente que sea su credo y argumentación, de la tuya.

    Los padres, ¿ qué puedo decir de mis padres ? que me encantaría poder tenerlos aún aquí y decirles lo mucho que los quise, para así poder compensar las pocas veces que se lo dije.
    ¡ Qué bien ! se me están humedeciendo los ojos, mis padres pueden con el síndrome de Sjögren, ¡ cúanto poder emanan los sentimientos !

    Estoy de acuerdo en que prefieras y quieras más a una persona que has conocido en la calle y que será tuya para toda la vida, que a tus propios padres, pero, esa persona ya es “carne de tu carne”, por tanto ya pasa a ser “tu familia”, y como decía Lacordaire: “¿ Qué es una familia sino el más admirable de los gobiernos?”

    Besiños palmeiráns, querido profesor. Un placer.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>