Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVII. Luis Rosales

descargaRomán Arén. Foi un gran poeta Luis Rosales (1910-1992), pero vese preterido ás veces polo seu apoio ao franquismo e polo “asunto Lorca”. Comezou como poeta con Abril (1935), neoclásica pero de gran calidade. Na guerra enlixou o seu nome coa poesía franquista, pertenceu ao núcleo de <Escorial>, pero publicou logo dous grandes libros: La casa encendida (1940) e Rimas (1951). Foi tamén ensaísta importante polos seus estudos sobre Cervantes e sobre a poesía do Conde de Salinas. Actualmente contamos coas súas Obras Completas, editadas por Trotta. Dedicou un ensaio á Pardo Bazán, negativo co seu naturalismo. Nunha edición da súa Poesía (1996), encadrada nas “Rimas” está unha fermosa elexía para o galego Menéndez Pidal: “Elegía súbita y desamparada en la muerte de D. Ramón Menéndez Pidal” da que só reproduzo un fragmento:

De la mano de Dios el viento mueve/la cuna de los muertos;/se abre una grieta en el confín del mundo:/todos cabemos dentro./Se oye la algarabía/de las voces que nunca se entendieron;/se amontonan palabras, se levanta/la Torre de Babel en torno nuestro:/lo que ha sido raíz tendrá mañana;/hoy todo está más lejos…

Outro dos seus poemas, “Canción con una leve referencia al suicidio” está dedicado a Gonzalo Torrente Ballester.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>