Séneca connosco

cub_consolacions_webRomán Arén. Lucio Anneo Séneca (4 a. C.- 65 d. C) é un dos autores fundamentais da Idade de Prata de Roma, o que o situou por detrás dos autores da idade dourada (Virxilio, Horacio, Cicerón, Ovidio…). Pero o seu influxo foi moi importante na cultura occidental a través do estoicismo, filosofía da que foi o gran mediador, máis ca un construtor dun sistema filosófico. Discípulo de Fabiano, do pitagórico Soción de Alexandría, pero, sobre todo, de Átalo, de quen tomou a liberdade para acoller todo o bo que tivesen outras escolas fóra do estoicismo. Viviu moitas vidas: político, orador, exiliado, mestre de Nerón, especulador… Pero a súa prosa segue a interpelarnos. O gran patrón de Roma non deixou nunca de escribir e tentar de perfeccionarse a si mesmo, e tivo a desgraza (ou a sorte?) de que a súa morte, como a de Sócrates, fose un verdadeiro mito da cultura occidental.

Isabel Santos Davila, profesora de latín na Pobra do Caramiñal, amosa agora para os galegos dúas das tres consolacións que Séneca escribiu, cun axeitado prólogo, para que desfrutemos dun xénero literario que naceu en Grecia e que os retóricos fixaron en Roma. Galego axustado e claro, estas edicións son chaves axeitadas para acercarnos aos clásicos –os nosos contemporáneos aínda–, dos que aprender.

SÉNECA: Consolación a Marcia; Consolación a Helvia

Cangas do Morrazo, Rinoceronte, 2019, 135 pp.

Tradución, introdución e notas de Isabel Santos Davila

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *