Carmina o Revienta. Cine 15M

carmina-o-revienta-cartelAlberto García. Esta crise que vivimos está cambiando moitísimas cousas, entre elas, a industria cultural. As industrias culturais sofren varias crises: o desleixo actual dos poderes públicos no apoio á cultura, o descenso xeral do consumo (tamén o cultural) e sobre todo un cambio profundo no modelo de negocio derivado da cultura dixital e dos novos usos culturais. O audiovisual é un exemplo perfecto de como unha industria enteira se ve obrigada a transformarse radicalmente en poucos anos.  Hai non moito tempo, había unha industria estruturada (á vella usanza), unha elite que controlaba a produción, con axudas estatais, outra elite que controlaba a distribución e a promoción, e logo, “os públicos”, estruturados e segmentarizados (gran público, alternativo, feminino, etc.) que idolatraban a outra elite máis, os artistas.

O dixital cambiouno TODO e a reacción primeira da industria foi a de tentar manter como fose o vello modelo. Empezouse a falar de piratería, de autoría, de leis que controlaran a situación, etc. Tentouse con urxencia e certa desesperación, poñerlle portas a un campo que hoxe en día é demasiado grande. A puntilla de todo isto é a retirada masiva de axudas públicas ao audivisual, coa escusa da austeridade e tirando do vello tópico da “cultura subvencionada”, namentres se destinaban recursos multimillonarios á banca, á industria do automóbil ou ás empresas concesionarias das autoestradas.

En todo este cataclismo, hai persoas que se esforzan en ver e entender a crise segundo a súa etimoloxía: crise=cambio. En denunciar tódolos días a estafa, a inxustiza da situación actual, pero, ao tempo, en buscar novas fórmulas que nos permitan sobrevivir e poder seguir desenvolvendo as nosas paixóns. E se, de paso, estes novos camiños nos dan claves para superar as sombras do modelo anterior, pois mellor que mellor.

Carmina_5Paco León e o seu “experimento” Carmina o Revienta, son un exemplo delicioso dun novo paradigma audiovisual. Unha produción asumible, independente, que explora novas canles de distribución e sobre todo que atopa o seu gancho principal na súa concepción artística: na “verdade”. Na mestura de actrices profesionais cunha protagonista absoluta, poderosa e chamativa muller “interpretada” por unha actriz amadora. Actores sen acceso ao guión, improvisando e sacando da realidade toda a expresividade, toda a verdade que a peli transmite. Mestura de ficción e documental. Achegamento ao cotián, proximidade ao común da xente, en verbas do director “superación da pompa e a transcendencia que os actores profesionais, os artistas, lles dan ao seu traballo”. Implicación total do equipo en todo o proceso da película ata que chega ao público, incluíndo a distribución, porque de novo en verbas do director, “o obxecto artístico se converte en tal cando se comparte co outro e a distribución tamén pode ter unha parte creativa, pódese facer de outra forma, superando o monolitismo anterior”.

En definitiva, Carmina para min é produto da necesidade, da precariedade, das “circunstancias impostas” que vivimos e sufrimos, pero tamén representa a superación do modelo de elites especializadas que implicaba o paradigma audiovisual anterior á crise. Un modelo que incluía moitas cousas boas como a profesionalización e sobre todo a responsabilización da gobernanza do público no acceso universal á cultura, xunto con algunha parte escura, como as que saen á luz nesta nova primavera cidadá e horizontal, que tantos plantexamentos novos está a aportar.

 Título: Carmina o revienta

 Título original: Carmina o revienta

 Dirección: Paco León

 País: España

 Año: 2012

 Fecha de estreno: 06/07/2012

 Duración: 108 min

 Género: Drama, Comedia

Reparto: María León, Carmina Barrios, Miguel Alcíbar, Antonio Estrada, Ana María García, Mari Paz Sayago, Paco Casaus, Antonio León

Web: www.carminaorevienta.com

Distribuidora: Cameo

Productora: Jaleo Films, Andy Joke

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *