Os ofrecidos

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Domingo Regueira. A igrexa botaba por fóra. Un cura dende o púlpito aburre os sufridos penitentes explicándolles con detalle pueril como o putativo lle cambiaba o cueiro ao santo cando era pequeno, “mentres a virxe con tenra faciana, sorría as habilidades do carpinteiro”.

Dende o balcón do Casino, os intelectuais do póker sinalaban a recua de inválidos que ían detrás do Santo, dicindo: —Que ca…róns! Os médicos cúranos e eles van agradecerllo ao Santo. Hai que ter pelouros!

–“Déjalos hombre, así repartimos los dolientes”      –din os que acaparan o negocio (privatizado) da saúde pública española.

Sobre as beirarrúas, o agraviado clan facultativo, axitando pancartas, increpan os ofrecidos chamándolles as que non hai.

–Quen vos quitou a vesícula, a próstata e as pedras dos riles! Desgraciados!

O colectivo galeno repartía pasquíns propoñendo que a igrexa debería darlles aos ofrecidos unha tarxeta coma a sanitaria para que os afiliados aos santos non puidesen ir á consulta da S.S., posto que así non se sabe se os curan os prodixios da auga bendita ou nós. E o mesmo, para os que acudan á meigas, albeites ou menciñeiros.

Alí estaba a mercenaria prensa mediática, meténdolle a alcachofa na boca ao colectivo das mareas brancas, representado por celadores, enfermeiras, practicantes, boticarios, cirurxiáns, interinos e contratados a tempo parcial.

Os descendentes dos druídas e teúrgos –que sobreviviron á fogueira–, os compoñedores, as bruxas e os homeópatas nin chían.

Seguían a estes manifestantes os Anti”: antiestrondos, antibélicos e antirrepresivos que, nas puntas dos pés, pedíanlles aos simuladores políticos, militares e relixiosos –que acompañaban o Divino– a retirada da escolta e o indulto para o Santo preso.

Empanadas, garapiñadas e churros perfumaban o adro. Tabáns, abellóns e velutinas loitaban contra o tendeiro, que se defendía co periódico.

Os ofrecidos, portando velóns a modo de alabardas da  lexión romana, desfilaban descalzos polo piche,  provocando a ira do protomedicamento e os seus subordinados que, vertendo improperios, salpicábanlles cuspe ás testas da longa mesnada de operados, doentes crónicos e lista de espera, que con resignación achantan cos reproches.

Subidos aos plátanos da alameda, os “top mantas” roghillas, fombrés, negros e machupichos, preguntan:

 –Y a donde llevan al detenido?

A ver os fogos da Covecha! –contestan, as mans nos petos, os naturais.

–Miii maaa…!  Están pior que nosotos!

 

6 comentarios en “Os ofrecidos

  1. Querido Mingucho: ¡Cómo no voy a creer en los médicos, si son quienes nos escuchan y recetan cuando los necesitamos! Considero, desde mi punto de vista, que los dos se complementan.- Me refiero al Santo y al Galeno.- Soy creyente y firme en mis convicciones de lo que pienso o siento.
    No seas atravesado.- El médico, tal vez ofendido, se limitó a reconocer sus méritos, como profesional de la medicina. Así que seamos agradecidos y separemos lo terrenal de lo espiritual; dando “al César lo que es del César, y a Dios lo que es de Dios”.- Ellos, que duda cabe, hacen lo que pueden recetando a nuestras dolencias, lo que creen menester. Mientras, la naturaleza en ocasiones, tenga su papel importante. Al parecer, según tu teoría: el médico sólo es “un ayudante de la naturaleza”. Lo que quieras, pero los fármacos también ejercen su cometido. Y no digamos los padrenuestros y demás plegarias-. Para mí; además de recurrir a una atención medica apropiada, la oración también puede servir de una gran ayuda contra el estrés y la ansiedad. Yo lo veo así. Y siempre respetando la opinión de los demás aunque, en ocasiones, no las comparta.
    Y esto es todo querido y apreciado amigo.
    Desde el Vilar (antes Miñoteiro) un beso.

  2. Graciñas noso Mingucho. Techo a J.M un pouquiño pachucho. Pero xa sabes que eu confío moito en ese pai putativo, do que o meu home herdou o seu nome.
    Moitos biquiños, noso Mingucho

  3. Querida amiga Naty:

    Non lle fagas caso a ese médico que che di que agora o san Blas vai ser el. Quen lle dera!

    Ese intruso, prepotente, egocéntrico e petulante que pretende ter as virtudes dos divinos; Non lle permitas otorgarse méritos algúns. Coidadiño!

    Que non se lle ocorra suplantar o teu médico espiritual. San Blas.

    Eses médicos fatuos, utilizan o método que critican os budista “ entreter ao pacinte durante uns días, mentres a natureza fai o resto”.

    San Blas, é coma San Benito. Fano todo gratis. Con desapego e altruismo, sen fármacos, recepta nin padrenuestros.

    Fermosa a túa anécdota con ese doutor tan humilde.

    Un bico dende o Eitón

  4. Muy apreciado Mingucho: Eres la repera. Contigo, no queda ni el apuntador. Arremetes contra todo, pero lo haces con tanta gracia, que nos hace reír.

    No voy a hablar de la paridad ni de los padres putativos. Solo voy a decir que si San José practicaba en aquél entonces – como bien dice Magdalena-, la sana costumbre de la paridad…Cuantos siglos no han pasado, y aún estamos a medio camino de alcanzar nuestros objetivos.- Las mujeres aún no tienen una participación plena en el trabajo; y lo que es peor: en el ámbito, money, money, muy por debajo de ellos, a pesar de desarrollar las mismas actividades que los hombres. Y no sigo porque mucho bla, bla, bla. Y al final, todo se queda en “agua de borrajas”.

    Non sei por onde comezar querido Mingucho, porque cando se trata de humor, non hai quen poida contigo.Comezarei mencionando a Igrexa, o Casino, os machupichus, as enfermeiras e os practicantes; para finalmente quedar co Santo e o médico, porque é con quen vivo últimamente. – Por iso, aproveitando o humor da túa narración, cóntovos a miña pequena historia. Hai uns días mentres estaba en Santiago mirándome o médico da gorxa e da lingua díxome: moi ben a lingua Natividad.
    Como levo moitos anos con este problema e sufrindo moitísimo … Non puiden evitar exclamar mirando o teito da consulta. Grazas Blas (hai moitos anos que falo con el, e hai certa confianza), pero co fervor dedicado a ser o Santo.- A isto, o médico, cunha cara estraña, preguntoume: ¿e quen é Blas ? Díxenlle que era Santo e que, como bo cristián, me confiou nel. Despois de escoitar a miña resposta, el respondeu: ben, a partir de agora, o teu San Blas son eu.

    Non sei se a súa resposta se ofendeu ao crer que podía confiar no Santo máis que nel. Pero esa foi a historia, ademais de real.
    Dende o Vilar un bico.

  5. Es bonito saber que ya en aquél entonces san José practicaba la saludable costumbre de la paridad,querido Mingucho.
    También me parece excelente que los santos les echen una mano a los facultativos pues ya sabes aquello de “cuatro ojos…” porque a veces lo que uno no piensa al otro se le ocurre.
    Cuando la parca y la guadaña asoman, el colectivo galeno es un mísero consuelo para un enfermo ansioso de salud, y a veces una serena perorata desde un púlpito, hace que el corazón sea como un hospicio ; acogedor de toda alma que desea ser acogida.
    Bueno, a pesar de mi desacuerdo contigo,tengo que reconocer que me has hecho reír y me imaginaba tu sonriente cara cuando estabas escribiendo esta buenísima entrada. Enhorabuena, te estoy escribiendo camino de Santiago desde el móvil. Espero que el galeno sea una ayuda en asociación con el putativo.
    Besiños palmeiráns

    1. Benquerida i estimada Magda: Déixasme cortado ao dicirme que vas cara Santiago. Ese pobo; o que ten de espiritual, tamén o ten de desapacible, por iso me corto un pouco a hora de contestar a túa sempre agradable atención a cantos expoñemos as nosas estupideces nesta cesta sen fondo na que se nos permite verter os residuos neuronais a modo de zume de rexóns.

      Espero que a estancia en Santiago sexa curta e regreses co humor que sempre amosas.

      Esperámoche, un bico dende este Café.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *