Conversas de escaparate. Toda a verdade

OLYMPUS DIGITAL CAMERAFidel Vidal. -Que ninguén se mova… Silencio. Non escoitaches un ruído?

-Non calarás? Sempre pondo a xente en vilo.

-O meu consello, por se acaso, é que non saiades fóra.

-Que opinas ti? Nunca dis nada.

-Acabo de chegar e apenas sei quen sodes. Aínda estou cun pé no autobús.

-Outra vaca no millo. Fuches ti o da idea.

-Non notaches nada raro polo camiño? Axentes vixiando?

-Non había ninguén.

-Ese que vai ver. O seu é facerse o parvo.

-Atentos… Outra vez ese ruído!

-Soa como unha serea ao lonxe.

-De ambulancia ou de bombeiros? Vós que opinades?

conversas2-Eu penso na policía.

-Dá a impresión de vir dese costado. Si, parece unha serea.

-Sigo alucinando? Vós si que alucinades pero en negativo.

-Cada vez máis preto. Nin que alguén cometese un crime.

-Xa non te lembras?

-De que me ía lembrar? Non quedamos en esquecérmonos de todo?

-A noite pasada matamos o encargado.

-Sabemos ben de quen é a culpa.

-O do bus. El foi o da idea.

-Pero vós esganáchelo. Ademais eu non pertenzo e esta tenda.

-Es un espía ou estás de prestado?

-Mañá, diante do señor xuíz, saberedes a verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade.

4 comentarios en “Conversas de escaparate. Toda a verdade

  1. Deus, que vós enteda. Eu ármome un lío… Penso que “ainda estou cun pé no autobús”. Non trato de facerme a parva: é que o son. Enriba, teño a calefacción ao máximo (están tolos) e non me deixa rexer.
    Felices sonos para os dous.

    1. Estamos todos cun pé no autobús, facendo o parvo, á par, a pares ou nones. Esa é toda a verdade, a ver a idade, a realidade, a real idade de cadaquén. “Xa me entendes”. “Non me digas máis”, sería a resposta responsable.
      Un pracer recibir novas túas, prezada Carmen. Bo día e que siga(de)s ben.
      Castas apertas, que diría Magdalena.

  2. Póis mañá non poderá “evitar a dor dunha interrogante ou, cando non, dun interrogatorio”.
    “Xa me entendes”.

    NO DESEO YO ESE DON del AmIgUErO.

    Castos biquiños, querido Fidel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *