Dúas novelas de Mario Conde

pasado perfectoXerardo AgraFoxo. Non te asustes! Non falamos daquel banqueiro que durante uns anos eludiu o cárcere porque tiña un picasso que lle retrasou a súa entrada na cadea. Non! Estamos a falar do protagonista central das novelas creadas polo autor cubano Leonado Padura, o mesmo que escribiu hai uns anos a monumental El hombre que amaba a los perros.

Pasado Perfecto conta a misteriosa desaparición do seu domicilio de Rafael Morín, un importante executivo do Ministerio de Industria, casualmente, casado con Tamara, unha amante de Mario Conde, o tenente encargado de resolver o caso. Paisaje de otoño narra como uns pescadores descobren o corpo de Miguel Forcade, antigo responsable da Dirección Nacional de Planificación e Desenvolvemento, que, despois de regresar do exilio coa súa muller Miriam, tamén un amor de mocidade do policía,  é asasinado de forma brutal.

Nas dúas novelas a paisaxe xeográfica é a mesma: as rúas e a atmosfera que se respira nos decrépitos arrabaldes da Habana. A paisaxe moral tampouco difire: o mundo das corruptelas provocadas por uns seres ambiciosos que non dubidan en sacrificar os principios dunha Revolución caduca para conseguir influencia, poder e cartos.paisaje de otoño E o personaxe ao redor do cal xiran as diferentes historias é o inefable Mario Conde: un tenente melancólico, borracho, escéptico, pero honesto, moi mullereiro e sempre descontento coa súa profesión, a cal intenta abandonar para dedicarse a súa paixón máis inconfesable: escribir, como o facía –polos mesmos territorios que el explora cada día– o seu admirado Ernest Hemingway.

Por estas novelas vinculadas coa serie negra, que tanto éxito está a ter coas obras de Stieg Larsson, Henning Mankell ou Benjamin Black,  Leonardo Padura ocupa un lugar importante pola magnífica recreación que consegue dos escenarios e o retrato firme que realiza dos personaxes que os habitan.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *