Xerardo AgraFoxo. Despois da publicación de Chesil Beach (2007) e Solar (2010), este é o ultimo título nas nosas librerías do recoñecido escritor inglés, antes de que apareza a prometida Redención final: una novela baseada na curiosa historia que lle sucedeu hai uns anos cando descubriu –por un anuncio aparecido nun xornal– que tiña un irmán que dera en adopción súa nai durante a II Guerra Mundial.
Operación Dulce (2013), ambientada nos controvertidos anos da Guerra Fría, conta a historia dunha estudante, Serena Frome, que é captada polos servizos de intelixencia do M15 para crear unha fundación que lles axude economicamente a prometedores novelistas. A súa finalidade consiste en xerar coas súas opinións nos medios de comunicación propaganda anticomunista. Entón aparece na vida de Serena o escritor Tom Haley, do cal acabará namorando ata provocar na moza espía un inesperado dilema: contarlle a verdade ou seguir enganándoo.
A novela, malia que ten un exceso de documentación e a trama arranca algo tarde, contén algunhas das características da narrativa de McEwan: sutileza na descrición dos personaxes, enxeñoso tratamento metaliterario da historia, onde coñecemos os mecanismos de traballo do escritor, e habilidade no tecido dunha arañeira na que, neste caso, a honestidade e o engano, a traizón e a lealdade camiñan xuntos ata a reviravolta que acada a trama nas súas paxinas finais.
Esta narración lévanos a lembrar a polémica xurdida hai uns anos cando se dixo que certo galardón literario –concretamente, o Premio Biblioteca Breve– estivera apoiado pola embaixada americana para promover a algún escritor –dixeron que un tal Vargas Llosa– de tendencia conservadora.
Serán certas estas cousas?
he leído Chesil Beach y estoy con operación dulce. Ambos son buenos, muy buenos. Es un autor muy completo a nivel léxico, vocabulario, conceptos modernos ( suspense conspirativo británico). Chesil Beach es un sentimiento profundo, melancólico y reconocible. Y eso reconforta.
Serena de Operación Dulce (dicho esto sin haberla terminado) es la historia soñada de las chicas nacidas en los finales 50 y 60 del siglo XX. Ser reclutada por el M15, trabajar para los Servicios Secretos cuando el enemigo era la Unión Soviética. Uno de mis primeros recuerdos infantiles, es ver en la Tv en blanco y negro a la cúpula del Politburó en la Plaza Roja, presididos por Leonid Brézhnev, con sus gorros, saludando a las tropas desde el balcón del Kremlin. Que lejos queda ahora ese enemigo.
Serena y su vida de agente de los servicios secretos, viviendo amorios, en ese Londres cutre y auténtico. Sin turistas, con londinenses. Quien fuera Mrs.Frome!!