Conversas de escaparate. Puchas

17F.tmpFidel Vidal. -Velaquí estamos. Puchas sen cara nas cabezas sen corpo no que descansar.

-Mais con historias que contar. Ou descontar.

-Canto máis vellos son os recordos máis novas as vivencias nas que se apoian.

-Lembranzas de cando eramos novos…

-Uns vellos ateigados de vellas e esfareladas imaxes.

-Cada un fala por si.

-Ou polo demo celoso e maligno que levamos dentro.

-Non o dirás por min?

-De quen falo el sábeo ben.

-Porque che quitou a moza.

-Roubouma. Xamais llo perdoarei.

-Nada de roubo, caro amigo. A moza non era parva nin menor de idade.

-Pero presenteicha. Poderías agardar, digo eu.

-Eramos moi novos. Só importaban os feitos sen demoras no tempo.

-Escusas. Aínda que así fose.

-Namorámonos de súpeto. Só existía o xa, o agora mesmo.

-E aos demais que nos dean.

-Vivíamos o presente sen futuros interferindo.

63C7.tmp-Falas como un auténtico mestre.

-Déixao. Estamos entretidos.

-Quen carallo é o do sombreiro? Quen lle deu vela neste enterro?

-Falades mesmamente como enterradores de recordos.

-Ao contrario. Lembramos tempos exquisitos e gozosos.

-Ou de sufrimento e rabia.

-Xa che pedín perdón. E a ela deixémola en paz. A coitada non está connosco para cho aclarar.

-A culpa foi unicamente túa, un sedutor e mal amigo.

-E se mudamos de gorra?

-Xamais. Que cha cambie o do chapeu.

5 comentarios en “Conversas de escaparate. Puchas

  1. Se ma facedes na Praia da Corna, que sexa ecuestre. Coma aquela da moza que anunciaba fai moitos anos o brandy Veterano. E cas catro patas do cabalo pousadas na area, porque cando están as duas patas dianteiras levantadas seique quere decir que o xinete morreu no combate, e eu quero morrer aínda que sexa escribindo, pero na cama.
    Gústame a idea de Fidel de que sexa efémera (cos pes de barro) porque así desa maneira hai menos probabilidades de que os cans vian a levantar alí a pata.

    E dispóis da broma moitas grazas a ambos os dous. Non sei se oístedes falar do “gusano auditivo” polo visto é que cando escoitas unha canción pasas todo o día cantándoa. Póis iso é o que me pasa a mín, eu quédome con ese gusaniño da interpretación, pero non me quedo ca ortografía. Así como teño discalculia para os números, así me bailan na cabeza as comas, puntos e o que se lle arrime. Xa me gustaría saber un cachiño da metade do que vos estudiástedes, pero iso sí, se falamos de vainicas, festóns e filtirés, en eso considérome bosa mestra.

    Cariñosos biquiños para os dous.

  2. Querido Fidel:

    Vaia! Xa se me adiantou Magdalena con Wagner… Esta muller sábeo todo. Decididamente: hai que erixirlle unha estatua.

    O malo das estatuas é que neste tempo tan veleidoso, con tanto cambio de opinión, a estatua en cuestión puidese aparecer transformada -poño por caso- no portal dunha horta. Haberá que pensar noutro agasallo.

    Onte mesmo rematei de reler unha biografía -bastante “almibarada”, todo sexa dito- do citado compositor na que o pobre Hans von Bülow -cornudo marido de Cósima- queixábase con amargura de que o amigo da alma roubaralle a muller. O chocante do conto é que, cornudo e apaleado, seguía enviando cartos a cotío a Wagner para que poidese levar a cabo os seus megaloproxectos. Hai quen non aprende…

    O sedutor da túa historia aínda tiña o detalle de pedir perdón.

    Que soñedes fermoso.

    1. De momento, querida Carmen, en relación á túa proposta de facerlle unha estatua a Magdalena, polo de agora e como ensaio, son partidario, como cativos cun caldeiriño, ir amasanso area con auga do mar, e montar unha súa figura na praia da Corna. Efémera, polo tema das mareas. Dese xeito cábenos a posibilidade de variantes.
      Un amigo da alma queixándose con ama(l)gura de que lle roubasen a muller (sen alma). Só o corpo?
      É un pracer saber que estamos atendidos. Boa sorte e moita sáude.

  3. A cabeza, querido Fidel, é o mellor do corpo, aínda que moitos a intenten sacar por onde non hai espacio.

    A gorra, aínda que o seu compañeiro e rival a queira mudar pola del, non servirá para enterrar os recordos do pasado; senón que llo pregunten a Isolda, que o seu amor con Tristán foi máis ben tristón.

    Hai que recordarlle aos puchas sen caras nas cabezas sen corpos, que como dicía o filósofo, a felicidade é dos que se bastan a sí mesmos.

    Temos que RECONOCER que a rEpUtAcIÓn tamén nos marca.

    Moitos castos biquiños, querido Fidel. Teño que “recoñecer” que en gallego non me salía o palíndromo.

    1. A felicidade, casta Magdalena, como dis ti que dixo o filósofo é dos que se bastan a si mesmos. A ser posible, digo eu, en boa compaña. Ante a pronta resposta desta palmeirá de pro “me quito el sombrero”, ou, neste caso, a pucha. Suave e virtual aperta cos meus desexos de boa saúde.
      O RISO DO SIRO con EdUcAcIÓn.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>