A filosofía paga a traidores

81ye8Xo28HLX. Ricardo Losada. Nos últimos anos estase a producir en min un cambio intelectual moi importante, e que me está deixando a sensación de que son un traidor á filosofía, a carreira que estudei e a vocación máis querida da miña mente. Cada vez leo máis narrativa (novelas ou conxuntos de relatos) e cada vez menos ensaios filosóficos. Incluso os ensaios que leo con máis frecuencia teñen máis que ver coa divulgación científica ou coa filosofía práctica que coa filosofía pura. E digo cambio intelectual moi importante porque sempre desfrutei máis de frases como: De “necesariamente, o que se coñece é verdadeiro” non pode concluírse loxicamente que “o que se coñece é necesariamente verdadeiro”, que de frases como Hamal está nervioso. Non deixa de mover as mans coma se temese que os dedos se engoumasen. Xa non. Agora prefiro estas últimas (por certo, o comezo da moi recomendable novela de Antón Riveiro Coello, O paraíso dos inocentes). Pero debo aclarar dúas cousas. A primeira, que é simplemente unha evolución de gusto persoal, e unha evolución, estou seguro, que pode dar marcha atrás en calquera momento. Nin antes consideraba mellor a linguaxe abstracta da filosofía, nin agora considero mellor a linguaxe concreta da narrativa. A segunda, que en ningún caso renunciei, menos aínda rexeitei, a lectura (que sigo necesitando, pero con menos frecuencia) de libros de filosofía, digamos, pura.

E dun deses libros (do que extraín a cita anterior), quería falar agora. Titúlase Nietzsche contra Foucault. Sobre la verdad, el conocimiento y el poder, e foi escrito polo filósofo francés Jacques Bouveresse. Non tema o lector. Non vou resumilo nin abordar os complexos (tan complexos que, pola miña falta de rodaxe actual, tardei en entrar nas argumentacións) problemas filosóficos que trata. Limitareime a falar do primeiro capítulo, A obxectividade, o coñecemento e o poder, transcrición dunha conferencia que o autor impartiu no Centro Pompidou de París no ano 2000. É un texto no que Jacques (perdoade a confianza, pero a un filósofo que actúa coma este non podo deixar de consideralo un amigo) critica con rigor e firmeza, tanto o contido como a forma, da concepción foucaultiana da verdade, desde as contradicións, ambigüidades ou confusións nas que cae, ata a sorprendente ignorancia dalgunhas esixencias filosóficas básicas que un teórico da verdade non debería esquecer.

Pero, con ser apaixonante ese diálogo crítico nos cumios da abstracción filosófica, non foi o que me motivou a escribir este texto. Porque o máis marabilloso desa conferencia está, ao meu entender, que considero a filosofía máis un como que un qué, nos parágrafos finais. Despois da demoledora crítica que lle fai, Bouveresse acaba concluíndo que tanto o tipo de disidente que era nifoucFoucault, como o modelo do filósofo disidente en si mesmo, parecen hoxe en día máis ben anticuados e arcaicos. E, deseguido, fai un comentario (e perdóeseme a énfase) que é absolutamente marabilloso: Porén, considero que precisamente o que parece telo afastado de nós é tamén aquilo que o fai tanto máis necesario hoxe en día. Cando vemos a cantidade de intelectuais eminentes que aceptan sentarse á mesa da patronal do Movemento de Empresas de Francia para discutir o problema da refundación social, podemos pensar que o que máis dolorosamente se bota en falta é sen dúbida o tipo de ironía que Foucault era capaz de mostrar non só sobre o sistema liberal triunfante, senón sobre o comportamento do ámbito intelectual. E atención a un remate que, se todos tivésemos en conta (no como, non no que) á hora de analizar o mundo, este sería, sen dúbida, moito mellor: Por iso podo concluír con toda sinceridade que nada é ao meu xuízo máis urxente e máis indispensable hoxe en día que ler e reler a Foucault.

Aristóteles criticou duramente a Platón, pero admirábao. Tomé de Aquino criticou duramente a Agostiño de Hipona, pero admirábao. Descartes criticou duramente a Tomé de Aquino, pero admirábao. Kant criticou duramente a Hume, pero admirábao. Marx criticou duramente a Adam Smith, pero admirábao. Nietzsche criticou duramente a Cristo, pero admirábao. Bouveresse critica duramente a Foucault, pero admírao. Esa é, para min, a verdadeira esencia da filosofía. Ver os puntos débiles dos teus argumentos, ver os puntos fortes dos argumentos dos teus antagonistas. Así que non debo preocuparme por ser un traidor. Un novelista pode criticar duramente a filosofía e admirala e lela e escribila. Un filósofo pode criticar duramente a narrativa e admirala e lela e escribila.

4 comentarios en “A filosofía paga a traidores

  1. Prezada Carmen:

    Alédame saber que non compartes iso de “xenio e figura ata a sepultura” e que ves o paso dos anos como unha oportunidade para o escepticismo. Nada máis triste que esa frase de “Eu sempre pensei o mesmo”. Relativizar moitos conceptos que parecían inamovibles: moi boa definición da intelixencia moral, sen dúbida.

    Cacao mental. Non sei a que te refires, pero xa me gusta menos. E non te creas. Ás veces paso o contrario. Cantas máis ideoloxías coñeces, máis radical te volves. Á maioría da xente non lle gustan as dúbidas.

    Coincido coa túa visión da literatura. Sempre digo que un pode ser intelixente sen ler, pero que, se non les, nunha saberá so intelixente que podes chegar a ser. E o mesmo coas outras calidades intelectuais, psicolóxicas e morais.

    Foucault e Faulkner son dúas lecturas difíciles, pero moi recomendables. Rompen moitos esquemas estilísticos, intelectuais… e todos necesitamos que nos rompan os esquemas con frecuencia. Rexuvenece!!!!

    APertas agradecidas!

  2. Prezada Magdalena:

    Xa vexo: ante as dificultades, dás o mellor de ti mesma.

    Gústame iso que insinúas. Son un traidor á filosofía e á narrativa. Sempre,
    claro, que non quede en terra de ninguén.

    Platón rexeitaba a poesía para primar a verdade e a política. HOxe quizais
    necesitamos o contrario. Rexeitar a política para primar a poesía. Aínda que estou
    facendo trampa. No caso de Platón utilizo política no bo sentido da palabra;
    no outro, no malo. Onde e cando se perdeu o bo sentido? Platón xa tivo que buscalo,
    como ben sabes, nun mundo inmaterial e eterno. Así que… non sexamos tan duros, por moito que o merezan, cos políticos actuais…

    De “bodrio, nada.

    Apertas rianxeiras!

  3. Querido profesor:

    Si tú notas un cambio en tu modo de concebir lo verdadero, imagínate una persona de mi edad que, como es lógico al haber vivido más, tuvo más tiempo de sufrir esas mutaciones. Y no me refiero a cambios radicales, pero sí a relativizar muchos conceptos que parecían inamovibles. También es cierto que los filósofos y personas ilustradas, con tanto frecuentar a pensadores de distinta ideología, estáis más expuestos a sufrir esos cambios. Que tenéis más cacao mental, vamos.

    Alguien (no sé quién) dijo: “La literatura es un invento farmacológico para soportar la existencia”. Yo cambiaría “soportar” por “mejorar”. Pero con alternancia de lecturas. Como hacía mi madre con la comida: un poco de todo. Y vivió 102 años.

    Los complejos son los que hacen difícil la vida y la convivencia. Lo mejor de la lectura, supongo, sería hacer una síntesis de lo leído buscando el encuentro con uno mismo, el encuentro con el verdadero “yo”, tratando de mejorarlo y mostrarlo tal como es o está en camino de ser.

    Habrá que leer a Foucault (no puedo decir releer, ya que no llego mucho más allá del conocimiento de su nombre) por ver si me desmonta de los conceptos que tengo en este momento por válidos. O me los afianza… Escribo desde la simpleza de una persona poco ilustrada a la que le habría gustado emplear más tiempo en la lectura.

    Y ahora a la cama, a terminar de leer “Mientras agonizo”: tengo un montón de libros de William Faulkner y apenas leí algo suyo. Este que me traigo entre manos parece disparatado y anárquico -algo así como un viaje a ninguna parte-, con un lenguaje simple, repetitivo y bastante peculiar. Los monólogos interiores de los distintos narradores algo tienen que te obliga a continuar leyendo.

    Bonitos sueños.

  4. ¡ Qué difícil me lo has puesto, querido profesor ! A ver como salgo de esta.

    Empezando por las frases retruécano, “necesariamente o que se coñece…” ¡ Claro ! no es lo mismo comer para vivir, que vivir para comer.

    Referente a que Bouveresse criticaba duramente a Foucault sin dejar de admirarlo, pasaba lo mismo con Platón señalando a los poetas de mentirosos porque la obra con su ironía, constituía un engaño y decretaba que debían ser expulsados de la república. Luego reconocía que la poesía hace de la negativa un motivo para desarrollar la sensibilidad, reconociendo así que había más cosas en la tierra y en el cielo que toda su filosofía.

    Sacramento, Sagrario y Ascensión según una novela de Fernándo Vizcaíno Casas, también se les podía atribuir otro retruécano entre su denominación y su estilo de vida, cuyos nombres eucarísticos no les impedían una entusiasta entrega a los placeres carnales. Como a Nietzsche, que a pesar de todo admiraba a Cristo. Por tanto no debes considerarte de ninguna manera de traidor a la filosofía, en los relatos y novelas, hay mucha filosofía.

    Bueno, espero que me perdones este bodrio, pero meterse con un filósofo al mar, tiene estas consecuencias.

    Besiños palmeiráns compartidos como siempre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *