Trilogía de la noche, de Elie Wiesel

trilogía de la nocheXerardo AgraFoxo. Malia a sona que tiña este libro, nunca o chegara a ler. A aparición dunha  nova edición –Austral e El Aleph– fíxome mergullar nas tres historias deste Premio Nobel da Paz no  ano 1986.

La Noche, conta como un rapaz de 16 anos, é capturado polos alemáns. Sobrevive nos campos de concentración, pero o seu] pai Shlomo, a súa nai Sarah e a  irmá menor Tzipora morren. A historia, en realidade, a crónica do seu paso polos campos nazis foi traducida a máis de trinta idiomas e está considerada como un salientable testemuño –xunto coa Triloxía de Auschwitz  e O diario de Ana Frank– para comprender aquel momento histórico.

 El alba, céntrase nun suceso ocorrido nas terras de Palestina durante o mandato británico. Un mozo, Elisha, é recrutado por unha organización terrorista, para executar un oficial inglés, John Dawson, como represalia pola captura e inminente execución de David ben Moshe, un miliciano xudeu. Cando Elisha, supervivente dun campo das SS, debe converterse nun verdugo, como fixeran coa súa familia, a conciencia non o deixa durmir.

elie wieselEl día, narra unha historia de amor sucedida moitos anos despois en Nueva York, cando as cicatrices aínda non están curadas e o protagonista, un xornalista atrapado nun hospital por culpa dun accidente de tráfico, non deixa de reflexionar sobre o sentido da súa vida.

As tres obras, contadas cun estilo austero, con frases curtas e continuos cambios de punto de vista, reflicten os temas fundamentais da obra literaria deste autor húngaro: o pesimismo da humanidade e a indiferenza do poder. Poucas veces se pode encontrar, nun libro tan curto, tantas frases admirables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *