Violeta Parra… de Andrés Wood

violetaXerardo AgraFoxo. Violeta… cantautora comprometida (“berra antes de cantar”), muller alegre e divertida (“grazas á vida que meu deu tanto”), amante posesiva (“ o amor destrúe, e mata”), infancia triste, viaxeira consumada (“quero estar alí, pero estou aquí”), ollada enérxica, personaxe arisca,  temperamento apaixonado  (“amo os remuíños”) e persoa apegada á súa terra (“nada máis fermoso que as cousas rústicas”). Así, coa súa voz sufrida, coa forza arreminada das súas palabras e unhas imaxes de Chile realmente evocadores –paisaxes ermas, escolas decrépitas, estradas poeirentas, mineiros explotados e familias abandonadas–  contemplamos impávidos como a vida pasou coma un lóstrego por diante da cantante chilena.

E comprendemos tamén as súas contradicións grazas á esta fermosa película, gañadora de Premios en Sundance, La Habana, Huelva, o Goya 2011 e unha nominación aos Oscar como Mellor película estranxeira.

Un intenso retrato –maxistralmente interpretado por Francisca Gavilán– que pola sabia mestura dos seus elementos cinematográficos camiña entre o documental culto, a reportaxe biográfica e o cine de autor.violetaguitarra Un director que aquí aproveita a complexa personalidade de Violeta Parra e a súa intensa peripecia vital –dende nena cantante de feira ata compositora e artista recoñecida en París–, para reconstruír con continuas rupturas cronolóxicas o seu mundo interior. Unha persoa ateigada de frustracións e alegrías, unha muller que cando se decatou de que o seu idealismo fracasaba naquela terra brutal, decidiu fuxir da vida coa mesma violencia coa que a trataran. Excelente!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *