Manuel Mariño del Río. No século XIX construíronse moitas embarcacións tradicionais por carpinteiros de ribeira, tanto en Porto do Son como en Portosín. Daquela, a dársena sonense e a praia de Portosín fóronse enchendo de lanchas (as máis grandes volanteiras), dornas, bucetas e tamén barcos de maior porte, como galeóns e balandros. Logo virían as traiñeiras a comezos do XX e, a partir da década dos anos vinte do século pasado, tamén se construíron racús, embarcacións que normalmente non superaban os 10 metros de eslora pero que deron moi bos resultados na pesca.
O segundo foi o bergantín-goleta Puerto del Son, construído en 1920 na praia da vila sonense por encargo dos armadores Félix Pouso Alcalde e Manuel Fernández Sieira a José Tomé Avilés e, posteriormente, a Eladio Santos Carou e Eduardo Abal Vidal. A súa eslora superaba os 36 metros, 276 TRB e custara 100.000 pesetas.
Para facer a coñecida como carreira de Vigo, Eladio Santos Carou construíu, en 1920, o balandro Monte Louro para os fomentadores Mamerto Ferrer Romaní e José Romero Mariño, veciños de Porto do Son. Era unha embarcación de 15,75 metros de eslora, 32,28 TRB, e custou 12.000 ptas. Este barco facía viaxes a Vigo xunto co María Teresa ata que foi vendido a un veciño de Carnota. Construído no Freixo para catro veciños daquela zona. En 1924 era xa propiedade dos irmáns José e Manuel Calo Brión, do Son. Tiña 14,36 metros, 23,40 TRB e custara 5.000 pesetas.
Neste período comezou a construción doutro tipo de barcos movidos por motor de vapor ou diésel, denominadas motonaves, que traballarían en parella. Para adquirilas formáronse varias sociedades coa achega económica de varios accionistas. Aquela idea non acadou os resultados pretendidos e moitos dos accionistas víronse practicamente na ruína.
En 1918, Manuel Brea Priegue construíu no Freixo a Pepe Lestón para o armador sonense Manuel Lestón Lojo. En 1920 a sociedade Lestón Hnos. y Cía con armadores sonenses, mandoulle facer en Bouzas-Vigo a motonave Florida ao carpinteiro José Iglesias. A súa parella, a Cadarso, construiríase en Portosín por Manuel Brea Priegue para a mesma sociedade ao ano seguinte.
A goleta construida en Punta Cabalo chamouse “MARUJITA LOMBA” e non Margarita como pon no artículo