O gran reinicio

5e7d93c405e9eDomingo Regueira. Pasaron mil anos e a parroquia das bombas aparece cuberta por un fofo manto de húmidos musgos animado por croas de canas, pitas, figueiras e loureiros. Na paisaxe, adivíñanse rueiros, corredoiras, estradas e polígonos de vivendas que emerxen polas marxes da mulida alfombra vexetal. 

Non hai rastro humano. Só se ven sapoconchos aburridos, paxaros miúdos e algún raposo esfameado/husmeanado. Semella unha paraxe de sabana primixenia que evoca o Edén bíblico; fogar dos primeiros desterrados, polo compasivo deus misericordioso, Yahvé, Xehová, Elohim, Adonai ou, se cadra, o mesmo Demiúrgo. Quen sabe! 

Estes pioneiros desafiuzados saíran do taller a medio facer —ás presas— pero, se o enxeñeiro creador reparase nos órganos reprodutores, teríalle instalado a trompa de Falopio a Eva ao lado da de Eustaquio, xa que esta modificación suporía un gran agasallo, alivio e pracer para a turba papatrolas e, ao mesmo tempo, evitaría o ter que recorrer á fame, á guerra, á peste e a inoculacións de mexunxes asasinos para reducir a poboación. 

Os humanos reproducíanse sen control: Dálle, dálle, dálle…, e a industria fabricaba máis do que a plebe consumía, provocando un esgotamento dos recursos, e aumentando o número da estragadora caterva. 

Decaera o amar e o respectar a Gaia: queimándoa, envelenándoa, desbaratándoa, probando sobre ela miles de bombas nucleares para logo culpar as pobres escravizadas e explotadas vaquiñas do buxeiro de ozono. Todo o planeta estaba a podrecer cos efectos dos pesticidas, herbicidas e fertilizantes. Desta maneira, foi como xustificaron o “euxenético” xenocidio para salvar o Planeta da asilvestrada turba, e quedar só eles. Señores, e servos neurocontrolados

Segundo nos contaron, dende o Diluvio non debeu haber “reinicio” de semellante magnitude. Levou por diante 7.500 dos 8.000 millóns, quedando tan  só 500, como apuntan as pedras de Xeorxia en EE.UU. Primeiro, co Polisorbato 80 executaron os que non se apañaban cos caixeiros, co móbil nin coas tarxetas; e logo varreron eivados crónicos, parados indefinidos, sindicalistas liberados e imbéciles sen diagnosticar —que eran os que máis proliferaban—, para que de novo os oligarcas —modernos señores feudais—, unxidos pola divindade luciferina, puidesen desfrutar dunha subordinada servidume de mutantes neurocontrolados, con obediencia de “Rumba”. 

Despois do reinicio de Noé, os clarividentes historiadores non atoparon outro de tamaña magnitude. 

7 comentarios en “O gran reinicio

  1. Mi querido amigo:
    Ya me gustaría con esa esbelta figura que tú mencionas, accionar los brazos de “cara a Tixosa” declamando, interpretando uno de esos “esperpénticos soliloquios” con sabor y estilo vallinclanesco. Y si por eso fuera poco para encumbrarme, me sitúas en el Teatro María Guerrero (antes Teatro de la Princesa), concurrido por aquellos insignes dramaturgos donde exponían sus obras. ¡Casi nada!
    Te has pasado, no sé cuantas calles, en tus halagos. Sin embargo, aunque fuera de “boca para afuera”, se agradece. Y ya que me das opción para ello, voy a decirte que, a pesar de mi edad…, ¡cuántas quisieran! Aunque ahora, confieso, me cuelgue todo. (me rio)
    Este neorenacimiento, donde pueden salir nuevos talentos, no lo creas demasiado porque las propias tecnologías les pueden aniquilar . Hoy, te encuentras con una juventud que les sacas su ordenador, pero sobre todo su móvil, y no dan pata con bola. La mayoría no tiene soltura al hablar. Y cuando escriben, lo hacen con signos o medias palabras, y su ortografía es lamentable. Sí, mejor mirar hacia otro lado.
    Mi humor, querido Mingucho, no es copia ni enseñanza de nadie. Es algo que solo se puede definir como: Made by Naty.
    Al igual que Magdalena, noté tu ausencia por estos lares.

    Besiños a los dos, desde nuestra querida Palmeira.

  2. Queridos amigos Mingucho e Naty:

    A Naty moitas grazas polas palabras que sempre me dedica. Os meus coñecementos quedaron dentro dun bastidor de bordado, o resto.. mal pocado.

    Mingucho, moitas grazas, e tamén a todolos que preguntaron por min. Procurarei facer un oco de vez en cando para estar na vosa compañía.

    O do censor, non creo que sexa como ti o contas. Ti, es un maestro do “dominó” o “Di Stéfano” de retorcer as “fichas” pero eu coñézote ben e sei que o de levar a contraria e unha coraza para que non se vexa o verdadeiro Mingucho.

    Un cariñiño para os dous, e moitas grazas.

  3. Apreciado Mingucho:
    Al igual que Magdalena, también te echaba de menos.
    Me congratula que ya te encuentres por aquí, ofreciendo esas magníficas y simpáticas entradas.
    Por lo que a mí se refiere, sobre ese inmerecido sobresaliente…, me quedo con la dignidad que me has asignado, porque cubrir a nuestra muy querida Magdalena, hace falta recorrer un largo camino, para ponerse a la altura de sus inmensos conocimientos. Por eso el tiempo que pueda quedarme ahora… Ya no me da para alcanzarla; al menos en ese sentido.
    Cambiando de tercio quisiera decirte que, estoy intentando localizarte para enviarte uno de tus muy simpáticos artículos, pero dándole unos pequeños “retoques” a mi manera; por eso necesito tu parecer porque lo quieren escuchar varias personas. Y no es cosa de enviarlo a nadie, fuera de nuestro entorno, para que lo escuchen antes que tú. Se lo envié a Magda y se rio mucho.
    Sobre mi actuación, emulando a la lengua gallega, del pueblo llano, he reído con ganas porque nunca me había oído hablar así.

    Un placer leerte.

    Mi recuerdo cariñoso, desde “a nosa Palmeira”.

    1. Estouche vendo amiga Naty, coa túa esvelta figura braceando cara a Tixosa, interpretando un dos teus esperpénticos soliloquios con vallinclanesco estilo, propio de ser representado naquel María Guerrero onde os insignes dramaturgos exhibían as súas obras.

      Estamos no “neorenacimento”, e neste arranque deben renacer novos talentos con cranios implementados pola nanotecnoloxías, capaces de saír mais aló dos “límites que marcan os nosos sentidos”.

      Estamos abocados a novas e creativas maneiras de expresións artísticas, pasionais, sentimentais, estéticas e morais, arrancadas dese novo mundo que xa iniciamos coa Televisión, internet, móbiles e agora cos neurotransmisores; onde non sabemos que vai a ser de nós, con tanta intelixencia instalada, coa velocidade que nos marcan os algoritmos e frecuencias do 5-G.

      Quizais mellor, é non sabelo.
      Da gusto ver humor tan ceibe, pragmático e deportivo coma o teu.

      Un bico, para alá arriba, apreciada Naty.

      Sobresaínte!

  4. Noso querido Mingucho:

    Non sabes a ledicia que sentín ao verte aparecer por aquí. Precisamente onte pregunteille á miña prima si te atopabas ben, porque nada sabía de ti. Cando me dixo que te atopabas divinamente xa me ven a alma ao corpo. Gracias a Deus, ou se cadra ao mesmo Demiurgo.
    Aínda que sempre me incomodo contigo e critico a tua maneira de pensar, de hoxe en diante vou deixar de facelo. Sí, non vou a criticar máis o que dis, porque aos masoquistas, eso, gústalle. Pero bueno, non te incomodes conmigo por chamarte masoquista, xa sabes que a nosa amizade sempre foi unha igualdade armoniosa tal como dicía o filósofo grego.

    Un pracer volver a lerte e unha alegría saber que estás ben.
    Bicos desde o Brañal hasta o Eitón.

    1. Querida amiga e apreciada Magda :
      Alégrome de verte de novo por aquí. Foron moitos os amigos do “Café” que laiaban neste intervalo a ausencia das túas gratas aportacións.

      Agora parece que colleu brio de novo, aínda que a nosa admirada Naty, soubo cubrir o teu oco, moi dignamente.Sobresaliente.

      Eu non aparezo máis polo “Café”, por que o Sr.Censor, tenme aprecio de amigo, e coida da miña figura de escaiola, pra non decaian os títulos que el, como mestre me dou: “arqueólogo, acuarelista e escritor de narracións minimais” e penso eu; que el o fará para curarse en saúde, por que se lle cae o alumno tampouco o profe vai quedar moi ben. Porque xa pasou cos títulos da Complutense.

      El di que non lle chegan os correos cos meus contos, i eu alégrome porque si mos chega a publicar, xa estaba expulsado do “Café”.

      Unha forte aperta e moita saudiña para toda a familia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *