Batallando decote

cajas-cestas-pequenas-3-medidas-refa362517-1440x1408Marina Losada Vicente. Rexentaba un pequeno obradoiro, no que facía olas de barro, que ía vender ás feiras. A proximidade a unha froitaría, na que nunca mercara nada, dáballe a Moncho confianza para ir buscar caixas. Tanto, que mesmo lles pedía que llas gardasen varios días, por non ter estorbos no seu baixo. Da mesma maneira, para non andar a tropezar con elas, en lugar de recollelas despois de usalas, tirábaas. A dependenta da mañá, nun ton menos familiar, tentábao a levar froita, sequera medio quilo, mais a resposta era sempre a mesma: Sodes algo careiras.

Aquel día atopou un letreiro: Un euro por cada caixa. Quen merque un quilo de froita ten dereito a levar unha de balde.

O oleiro colleu laranxas, mazás, ameixas, peras e pexegos, total cinco caixas. Á volta da feira, foinas devolver. Tesme que dar cinco euros, díxolle á empregada da tarde.

A dependenta, alertada pola súa compañeira que algo se temía, amósalle un novo letreiro, improvisado de novo para a ocasión: Segundo normativa de Sanidade, queda prohibido vender as embalaxes de froita fresca. Poden conter bacterias contaminantes.

-Ti págasme e non te preocupes -escoita perplexa a muller-. Non vou denunciarvos por vendermas! Disme en que contedor ides tiralas, e quedamos tan amigos.

2 comentarios en “Batallando decote

  1. Contan que unha vez certo avaro tivo a idea de acadar gratis un consello médico de Abernethy, (un médico moi importante).
    Aproveitou unha reunión e nunha conversa para explicar un caso persoal, pero coma si se tratase doutra persoa, díxolle ao médico: “Supoñamos, que os síntomas son tales… qué lle recomendaría vostede que fixera ?
    “Eu aconsellaríalle – dixo Albernethy – que consultara con un médico”.

    Xa sabes, querida Marina, que un cínico non ten principios nin valores, pero en certos casos, hai que pagarlle coa mesma moeda.

    Preciosa entrada, Marina. Bicos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *