O catedrático e a pesca

aristotelesX. Ricardo Losada. O crego e poeta Faustino Rey Romero era un intelectual incómodo. Dicía o que pensaba sen valorar se lle podía prexudicar aos seus intereses persoais. Non teño aquí espazo para explicar as causas. Limitareime a pór un exemplo.

     En 1951, o catedrático de Grego da Universidade de Santiago Manuel Rabanal escribiu un artigo no que recoñece que o galego é un idioma, pero sempre que “se precise: idioma regional”, xa que “si el español es el idioma de España, es también el idioma de Galicia”. Rabanal non era galego pero tiña certa simpatía pola cultura galega. Escribía no diario La noche unha sección fixa, La Nebulosa, de gran influencia. Ramón Piñeiro, por exemplo, recomendáballes aos novos escritores galegos que lle agradecesen as críticas favorables e que non replicasen os seus artigos. Faustino foi dos poucos que non seguiu o consello. Como fará anos despois co propio Piñeiro (criticará duramente nunha entrevista o seu libro sobre a saudade), publicou en El Faro de Vigo un artigo para deixar claro que a argumentación de Rabanal escondía prexuízos ideolóxicos da peor estirpe. Como pode verse nesta longa cita, don Faustino sacou a artillería pesada da súa formación no Seminario: Ahora bien: si para evitar confusiones, a las que realmente no hay lugar, el señor Rabanal propone que se diga “idioma regional” en vez de “idioma gallego”, quisiéramos saber qué distinción encuentra él entre ambas denominaciones. Yo no hallo otra que la que la Filosofía escolástica llama “distinctio rationis ratiocinantis”, que es aquella que existe entre dos conceptos objetivos que tienen idéntica “comprensión”. Tal es la que existe, v.gr., entre Aristóteles y el Estagirita, entre Lope de Vega y el “Fénix de los ingenios”. Como designan la misma realidad, queda al arbitrio del que habla o escribe darle indistintamente un nombre u otro. Se tildaría de arbitrario a quien escribiese un artículo proponiendo que a Aristóteles no se le llamara el Estagirita o a Lope el “Fénix de los ingenios”.

 faustino    Non me parece mal ese recurso á autoridade da filosofía medieval para chamarlle arbitrario a un peso pesado da cultura da época, pero prefiro o Faustino que remata ese artigo recorrendo á autoridade do pobo para chamarlle a Rabanal pedante: Termino refiriendo la siguiente anécdota de que fui testigo en la villa de La Guardia: Se acercó un forastero a una pescantina que tenía delante de sus rodillas una cesta con unos centollos. El forastero coge uno y lo “aprecia” con las siguientes palabras: “¿Cuánto pide usted por el crustáceo?” A lo que ella contestó: “ Se vostede quere chamarlle crustáceo, alá vostede, pero ser élle unha centola”. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *