Camiñando con Thoreau

Thoreau-capaRomán Arén. A meritoria editorial rianxeira Axóuxere agasallou os lectores cunha boa introdución a H. D. Thoreau, Camiñando, que ben merecía ser máis coñecido, pois é un interesante libriño, moi ben prologado por Pablo Seoane e traducido por Elva Souto. Aumenta o interese hispánico polos transcenden-talistas americanos, con boas edicións de Emerson e Thoreau, con estudos sobre este movemento, e Galicia non queda fóra diso con esta obra. Thoreau líbrase da linguaxe como teoloxía antes de Saussure. Pretende nomealo “todo de novo”, escribe Seoane con razón. Unha poética do natural, do salvaxe. Unha nova verdade. Escoita o que parece que non fala, o vexetativo. Unha visita á desorde orgánica, o verdadeiro elemento creador. No profundo, unha busca  da liberdade, pois “o home que escolle a liberdade para vivir é superior a todas as leis”. Thoreau-II-e1339866579967Gustaríame, di Thoreau, “dicir unhas palabras a prol da Natureza, a prol da liberdade e o estado salvaxe absolutos, en contraposición a unha liberdade e unha cultura simplemente civís; considerar o home como habitante, como unha parte integrante da Natureza, máis ca un membro da sociedade”. Así comeza esta viaxe, a mellor introdución a Walden, a mellor defensa da desobediencia civil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *