Vai de centenarios II

valenzuelaRomán Arén. Neste ano 2014 cúmprense os cen anos do nacemento de Ramón de Valenzuela, o autor da primeira novela en galego publicada tras a guerra civil, Non agardei por ninguén, hoxe reeditada, pero tamén autor de Era tempo de apandar, novela, O Naranxo, relatos, As bágoas do demo, teatro. Secretario de Castelao, estivo preso en Ávila tras pasar por un campo de concentración francés e en 1949 exíliase na Arxentina. Uniu galeguismo e marxismo, ben patente en Historia do galeguismo político (1976). Modesto Hermida e Maceira Fernández estudaron a súa obra.

Tamén en 1914 naceron José Rubia Barcia, hispanista, poeta en galego, guionista de cine e firme republicano no exilio; Xosé Mª Díaz Castro, a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas con bastante consenso; Fernándo Mon Rodríguez, o crítico de arte coruñés que tamén se acercou á poesía galega con Nove poemas debuxados (1978); Juan Naya Pérez, bibliotecario da Real Academia Galega, ben coñecido por publicar os Inéditos de Rosalía en 1953 e polos estudos sobre o traxe galego; Dionisio Gamallo Fierros, un falanxistas católico que evolucionou a posicións socialistas, non mal poeta, eruditísimo en Bécquer e que tivo o mérito de ser un pioneiro, na miserable España de postguerra, na reivindicación de Rosalía: “Bécquer, Rosalía y Heine” (<Levante>, 22-6-1944), “Una cima de la lírica del XIX. Rosalía de Castro” (<Informaciones> Madrid, 21 e 25-7-1944), labor que continuou case até o final da súa vida en 2000, con “Rosalía de Castro, Rosalía” (<La Estafeta Literaria>, nº 320-321, 1965), “¿Luz sobre la Negra Sombra?” (<Nordés> 2-3-1975), o máis longo e interesante dos seus traballos rosalianos, sen esquecer títulos como “Al siglo de la muerte de Rosalía. Gamallo Fierros_escribiendoSus estancias en Lugo” (<El Progreso>, 17 e 25 de xullo de 1985), “Dos almas en alta tensión: Rosalía de Castro y Miguel de Unamuno (<Ínsula> nº 463 e 464-465, 1985), só por citar os máis importantes. Merecían ser recolleitos por xunto nun volume, mais tamén se interesou por Lamas Carvajal, Curros Enríquez, Pastor Díaz, Feijoo, Alberto García Ferreiro, Xesús Rodríguez López ou o Marqués de Figueroa. Contamos coa súa biografía escrita por Daniel Cortezón e Juan Soto dedicoulle a “Terceira” de <ABC> (“Centenario de Gamallo Fierros, 25-8-2014).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *