A maleta de Victoria Kent

O Andel. ImaxePedro García Vidal. Esta nova peza narrativa de Xerardo AgraFoxo, biografía dende a ficción o tráxico destino dun sindicalista nos primeiros días de represión tras do triunfo en Galicia do levantamento militar de 1936. Tal como se aclara na contraportada do libro, o argumento que se conta nas súas páxinas é o seguinte: tres días despois do comezo da rebelión militar de Marrocos de 1936, Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical, intégrase na columna de mineiros que intenta parar o golpe de estado. Ante o fracaso desta desesperada acción, só lle quedarán dúas saídas para salvar a vida: entobarse entre os outeiros da serra ou fuxir nun dos vapores que saen dende o peirao de Vigo cara a Bos Aires. Pero a inesperada aparición dunhas cartas, que descobren unha historia de amor oculta, condicionará o seu destino.

xerardoAsí é a historia desta novela –valente e comprometida– que destaca pola precisión coa que se desenvolve a súa trama, a destreza amosada na descrición dos personaxes e o retrato que se realiza dunha vila –Portomaior– nunha época marcada pola intransixencia e a violencia.

Sen dúbida, estamos ante unha obra imprescindible para que as novas xeracións coñezan o noso pasado máis recente e, tamén, para evitar que sucesos como o acontecido naquel tráxico amencer do 1936 se repitan.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *