Monumentos de tinta II. O pensamento galego

dicionario pensamento galegoRomán Arén. Dende nós, mais tamén para todos. Urbi et orbi. Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García coordinaro o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego (2008, Xerais e Consello da Cultura Galega), coa colaboración de case cincuenta especialistas. Si, nós tamén pensamos, dende os salóns universitarios das trincheiras literarias. En latín, en galego, en castelán, e até en francés e alemán (por exemplo o meu lembrado Carlos Oliveira dende Munic). Xuntos Paulo Orosio, Ramón Piñeiro, Prisciliano, Ricardo Mella e Montero Díaz, Cunqueiro e Rosalía. Cada entrada dos autores (e autoras, claro é) coa bibliografía esencial. Escribe tres homes do Barbanza: Torres Queiruga, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Xosé Luís Axeitos. Pero estúdanse tamén García Martí, Rafael Dieste e Castelao. Pero a obra é algo máis: A súa segunda parte é temática, máis de trescentas páxinas para tratar a antropoloxía, o pensamento científico, o dereito e a economía, a estética e o exilio, o liberalismo e o absolutismo, o feminismo, a literatura galega, as matemáticas e a medicina, o nacionalismo e a pedagoxía, a política, a prensa e a relixión. dicionario pensamento 2Máis de setecentas páxinas para amosar o que somos e o que pensamos, sen complexos, unindo coñecemento e capacidade divulgativa. Un grande avance dende o pioneiro volume de 1992 que coordinara X. L. Barreiro,  O pensamento galego na Historia. Como ben di Manuel Rivas García: “Sen incorrer nin en triunfalismos inxenuos nin en derrotismos pesimistas, ofrécese así… o panorama amplo e unitario dunha cultura con clara individualidade que, malia lagoas explicables, ofrece esforzos creativos e achegas orixinais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *