La soberbia juventud, de Pablo Simonetti

la_soberbia_juventud_alfaguara_chGonzalo Trasbach. La soberbia juventud é a cuarta novela de Pablo Simonetti (Santiago de Chile, 1961). Editado por Alfaguara, o libro (328 páxinas) chegou ás miñas mans na mesma capital chilena. Regaloumo Manolo López, amigo e compañeiro de viaxe polas fermosas terras sudamericanas, na visita que lle xiramos ao Centro Comercial Arauco, onde hai unha boa librería. El xa coñecía o autor, porque llo recomendara Carlos Sahr, un amigo natal con quen nos iamos atopar un pouco máis tarde. Mais eu nunca o lera antes. Tomás Vergara, escritor cincuentón e homosexual, é o relator e á vez tamén un dos protagonistas dunha trama cuxo actor principal é o mozo e guapo Felipe Selden. Atractivo, sedutor, privilexiado e fillo de pais do Opus Dei. Homosexual asumido, pero atormentado e atribulado pola súa condición e as súas circunstancias. Estamos pois diante dun interesante relato de cómo se enche ou non, segundo sexa, e se vive a homosexualidade nas clases altas chilenas.

Abundante en referencias a lugares e personaxes reais, tamén xorde a cidade rodeada dun anfiteatro de cerros, por entre os cales se despide a luz da tarde da área urbana, a novela conta con outros actores secundarios, pero importantes, con peso na armazón do volume: Camilo, avogado e gay namorado de Felipe; Santiago Pumarino, bisexual e canalla, e Elvira Tagle, memorable personaxe, muller independente, pero tamén manipuladora, que se move con total lixeireza no mundo gay, no cal criou a Josefina, a filla que tivo con Pumarino. A lectura flúe gratamente sobre estas relacións gravitacionais, con abundantes acercamentos, aínda que o coñecemento do outro dificilmente se acada.

simonettiTamén é de ter en conta os magníficos xogos lingüísticos e a riqueza de vocabulario dos que fai gala o autor, non só polo novidosos que nos resultan, senón polos significados moi distintos que teñen para eles e para nós. Algúns termos, segundo se empreguen, poden mesmamente xerar situacións un pouco incómodas, aínda que en xeral son divertidos e acostuman a provocar moitas risas. Utilizar o verbo “coller” en vez de tomar é un dos máis frecuentes para os que chegamos a aquelas terras por vez primeira. Un exemplo: <No puedes ser tan delicado de piel (non lle debes dar tanta importancia)>. En calquera caso, se están interesados, é mellor que o comproben lendo esta estupenda novela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *