O surrealismo español por un italiano

los poetas surrealistasRomán Arén. É Italia terra de hispanistas moi importantes e entre os moitos de importancia, eu tiven sempre aprecio por Macrí (editor de A. Machado) e por Vittorio Bodini. Teño falado de surrealismo e se houbo un libro polémico, atacado e discutido, foi a súa antoloxía para Einaudi de poetas surrealistas españois. Ben sabido é que son moitos os que considerar moi escasa a presenza surrealista na Xeración do 27 e moitos os que negan case todo o surrealismo de preguerra (agás en Canarias) en España, e só aceptan nomes moi determinados. Bodini tiña gusto pola polémica e vai estudar a presenza do movemento en Larrea, Diego, Alberti, Lorca, Aleixandre, Cernuda, Moreno Villa, Prados, Altoaguirre, Hinojosa (e Picasso e Dámaso Alonso).

Os lembrandos “Cuadernos Ínfimos de Tusquets editaron en 1971, co título Los surrealistas españoles, que foi o estudo previo a súa escolama italiana de 1963. Merqueino xa en 1978 e releo o pequeno volume agora. Non aburre aínda hoxe e aínda ensina cousas e fainos pensar algunhas das nosas crenzas literarias.

Vittorio Bodini
Vittorio Bodini

Aquí está a redescuberta de Góngora, as relacións do surrealismo coa política, as características do surrealismo español, as fontes francesas. Moito saber en poucas páxinas. Unha colección para a historia, onde eu lin admirado un libro de arquitectura que aínda cito (Aprendiendo de todas las cosas), un relato de Marx e outro de Gide, Artaud e Pitol. E outros que xa non lembro ben. Os xogos da memoria e o esquecemento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *