Ver unha muller

Ver-a-una-mujerElisa Lobeira. Ese é o título, posto na nosa lingua, dunha novela curta de Annemarie Schwarzenbach (1908-1942), escritora suíza de lingua alemá. A tradución é de Mª Esperanza Romero e a edición de Alexis Schwarzenbach. A editorial, Minúscula, onde tamén están en catálogo Muerte en Persia e Todos los caminos están abiertos. 

Nacida en familia de grandes empresarios suízos, íntima de Klaus e Erika Mann, residiu en Berlín de 1931 a 1933, onde se opuxo ao nazismo. Doutora en historia e arqueóloga, gran viaxeira por Asia, África, América e Europa, morfinómana, con tendencias suicidas, morreu nun accidente de bicicleta en Sils. Este é o único libro da autora que ten por escenario Suíza, e non se publicou ata 2008. Historia da fascinación dunha muller por outra. Foi escrita en 1929, e apareceu no Arquivo Suízo de Literatura quizais por doazón da herdeira da autora, Anita Forrer (1901-1996).anne Antes desta nouvelle só publicara un conto, pero o relato amosa unha gran madurez, unha mirada lúcida de gran sensibilidade na descrición do desexo. Narradora con bastante obra, fora moi criticada por non tematizar suficientemente a súa homosexualidade, pero agora habería que rexeitar eses xuízos. A literatura lésbica estaba a comezar con Orlando da Woolf e O pozo da soidade de R. Hall. A suíza non metaforiza como Virxinia, senón que está na realidade, o que a aproxima a Hall, pero a suíza cre que é posible unha solución, unha liberdade, para as lesbianas.

Un comentario en “Ver unha muller

  1. Sobre esta apaixonante muller existe un libro de Melania G. Mazzucco, titulado “Ella, tam amada” (Premio Napoli e Premio Vittorini), publicado por Compactos Anagrama no ano 2011.
    Como o profesor Laíño non sabía del!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *