Glauser, escritor policial?

glauser 1Miguel Mariño. Nas orixes mellores do policial en lingua alemá está Glauser (1896-1938), nacido en Viena e suízo de nacionalidade. Un escritor audaz para o seu tempo, próximo a Simenon pola magnífica captación de ambientes, menos etéreo ca este pero máis contundente. Novelas como Schlumpf, Erwin: Homicidio ou O reino de Matto amosan ben o seu estilo. Crea un policía, Studer, máis perto de Maigret ca de Holmes. Humor , ás veces negro, un raro lirismo irónico, pouco “suspense” e boas descricións. A Suíza ordenada e os seus problemas. Un autor importante no xénero que se negaba a considerarse importante, pois tíñase por un “narrador policial sen máis”. glauserfriedrichO cine sacoulle bastante bo partido. As súas hisotiras son audaces sen escándalo, as historias dun observador da vida humana, co que nin sequera é obrigatorio empatizar. O mellor antecedente dos grandes narradores suízos de lingua alemá (Dürrenmatt e as súas novelas O xuíz e o seu verdugo ou A sospeita, por exemplo).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *