Diario dun intoxicado, de Jules Boissière

diario de un intoxicado portadaRomán Arén. En tradución de Rober Juan-Cantavella (Barcelona. Alpha Decay, 2011, 83 p.) sorpréndenos este breve volume, que en 1890 publicou un dos simbolistas menores, Jules Boissière (1863-1897), baixo o pseudónimo Khou-Mi, en Hanoi, onde realizara o seu servizo militar e onde foi logo funcionario. Todo volve malia o tempo, e así é fácil atopar hoxe na rede datos e algunha fotografía deste seguidor de Mallarmé, asasinado aínda na súa mocidade.

    “Propos d’un intoxiqué”, coñecido en Europa en 1911, é un texto autobiográfico sobre as experiencias co opio en Vietnam, na tradición de Quincey e que logo seguirá Cocteau. No libriño destacan a lucidez, a sobriedade (nada que ver coa alambicada prosa do seu mestre Mallarmé) e a exactitude na descrición dunha experiencia que o autor cre fundamental para comprender as culturas orientais. Estudo da “divindade do opio”, é un relato dun viaxeiro culto fascinado polo outro, polo exótico, aínda que no seu caso se trate dun home ben informado, que sabe anamita e que residiu varios anos en Indochina. A autobiografía agóchase sutilmente “hemos tenido que acudir a las confidencias de un intoxicado curioso y culto, sutil y refinado… desdeñoso como todos sus iguales de los anatemas de la conciencia pública”.

 jules boissière  Khou-Mi, o garda da pagoda, conclúe así: “antes de firmar la última página postrémonos ante su Divinidad el opio, el ídolo escaso y socarrón que nos ha probado su poder sobrenatural durante tres años de posesión, sin que la idea de Rebelión se nos haya pasado nunca por la cabeza, sin que hayamos creído en ningún momento que yugo alguno nos sujetaba”. Non invoquemos o opio, como os anamitas fan co Tigre, para non lembralo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *