Os sete irmáns, de Aleksis Kivi

os sete irmansXerardo AgraFoxo. Esta novela conta a vida de sete irmáns, que residen na granxa de Jukola, preto da aldea de Toukola. Sete varóns ásperos, rudos e apegados ao berce onde conviven con naturalidade, pero rexeitando os modos de vida da súa bisbarra, onde non queren traballar, nin pagar impostos, nin aprender a ler. Unha vida sinxela ata que un día, logo dunha violenta liorta cos veciños da vila de Impivaara, deciden alugarlle a súa explotación a un curtidor e refuxiarse nunha cabana enclavada no medio dunha mesta foresta, onde vivirán un mundo de aventuras e continuos conflitos familiares. Alí estarán, convivindo cos lobos e osos, ata que un “día pálido de setembro”, cando xa pasaran nove anos da súa partida, regresan aos ermos da infancia.

Este clásico da literatura escandinava –escrita por Aleksis Kivi (1834-1872)– malia que é contada por un relator omnisciente, tamén se vale dunha variedade de recursos literarios para que esta historia, ambientada no século XIX, teña unha ambientación axeitada. sete irmans1Entre eles, destaca o emprego de contos e lendas finesas, a evocación dalgunhas cancións populares e a profusión de diálogos presentados coma se se tratase dunha obra de teatro.

Segundo se conta nunha das lapelas deste sorprendente libro –traducido do finés para Rinoceronte Editora por Tuula Ahola– as críticas recibidas por Os sete irmáns, arrastraron a Aleksis Kivis a un desequilibrio mental que sería preludio da súa morte, cando tan só contaba con 38 anos. Na actualidade, a data do seu nacemento, 10 de outubro, é declarado como Día da Literatura Finesa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *