André-Ferdinand Hérold: Centenario

Herold,_FerdinandRomán Arén. Cúmprense cento cincuenta anos do nacemento de André-Ferdinand Hérold, orientalista, dramaturgo e poeta simbolista. Nacera en Paris en 1865 e nesa cidade morrerá en 1940. Non teño constancia de que fose traducido algunha vez ao galego (o que nada quere dicir), pero si ao castelán por Luis Antonio de Villena para a súa antoloxía Poesía simbolista francesa (Madrid, Gredos, 2005), que inclúe “Cae la nieve” como único texto, que amosa un poeta triste ou melancólico, con imaxes fortes (as follas que caen sería “…ángeles malvados que golpean/contra las puertas martillos herrumbrosos,/ángeles que nos matan con sufrimientos lentos…). En 1890 publicou o poemario Les Paeans e les Thrènes, en 1893 Chavaleries sentimentales e en 1897 Images tendres et merveilleuses. Xa no século XX publicou outros poemarios como La Route fleurie (1911). André-Ferdinand_Herold_by_VallottonNon foron as súas únicas obras, pois os repertorios citan Intermède Pastoral (1986) e Au hasard des chemins (1900). Como dramaturgo ten a curiosidade que aproveitou a mitoloxía antiga e, partindo do sánscrito, editou o drama L’éxil de Harini; con Jean Lorrain escribiu outra peza, Prométhée. É raro atopalo nas antoloxías españolas que inclúen poetas simbolistas, pois nin Fernando Fortún e E. Díez-Canedo o incluíron en La poesía francesa moderna (1913), nin Fernando Maristany na antoloxía de 1919, e tampouco Álvarez Ortega o fai na de 1975.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *