Como dis?

arca1Xosé Manuel Lobato. Disque son antepasados remotos que seguen entre nós para conservar o seu patrimonio; antas, castros, castelos, fontes …

Na terra a cor, calquera colorido reclama atención. As diferentes tonalidades na codia terrestre é un atractivo engadido, mesmo nalgúns casos provoca un afán desmedido de acaparar un anaco dese encanto vistoso e normalmente escaso.

Tampouco estraña a debilidade por eses lugares encantados que o home venera e admira intrigado. Provistos dese don feiticeiro hai varios enclaves en Galicia, fundamentalmente aqueles relacionados coas mouras e os mouros.

As mouras e mouros galaicos son unha especie absolutamente especial e única, as versións sobre a súa existencia e coñecemento real semella como mínimo moi escasa e difusamente documentada. Así é que unha moura pode ser aquilo, aqueloutro ou ese aquelar que cada mente fixe como referencia válida.

arca2Polo tanto, difícil non convivir con estes afortunados seres e tamén coas súas peculiaridades, moi numerosas, e representativas dun pobo que voa, navega e camiña sempre ao unísono. Mesmo é complicado saber cando chegamos ou marchamos, por iso sempre resulta moi complexo coñecer dos nosos desprazamentos e avatares.

No entanto, aqueles iluminados pola fortuna, rematan sendo auténticos privilexiados, gozando dunha natureza colectiva que en moitas zonas da paisaxe galega se reencarna de mourería.

De banda a banda e de extremo a extremo, visitamos aras míticas que nos comunican e amosan ese mundo co que tanta familiaridade temos.

Porén, no polo oposto, pouco afortunados deben considerarse todos aqueles que non coñecen tan emblemáticos e senlleiros lugares.

Cova dos mouros, unha viaxe a un mundo interior, sempre con licenza de ida, mais sen pasaxe para o regreso.

Poza da moura, espectral engado onde a consciencia minimizase ata desaparecer totalmente esvaecéndose nas néboas.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Pena de mouros, clama atención tantas reunións, celebracións e actuacións colectivas moi significativas.

Cántara da moura, o único recipiente desta índole que xamais se esnaquizou nin posiblemente o faga no futuro.

Torre dos mouros, a vixía perfecta, o lugar onde todo é visualizado e analizado polo miúdo.

Estamos pois ante un pobo de cultura moi específica, enigmático, mais sempre achega claridade e recolle todo aquilo que non ten explicación, ou tamén iso que permanece oculto e pode vivir en calquera sitio.

Voa, navega e camiña polas efémeras sendas das mouras e mouros. A experiencia que podes vivir, de seguro non ten comparanza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *