E as montañas falaron, de Khaled Hosseini

montañasInés Otero. Esta novela comeza no outono do ano 1952 en Maidan Sabz, unha aldea perdida de Afganistán, onde o matrimonio formado por un humilde labrego, Sabur e a súa segunda muller, Parwana, sofren as consecuencias dunha vida dura e un inverno implacable. Viven cos seus fillos: Abdulá, de dez anos, e Pari, a irmá menor. Os dous cativos adóranse, gardan unha relación de amor e complicidade, pero están condenados a romper os seus soños  cando ela, a cativa de tan só catro anos, é vendida a unha poeta franco-afgana.  Axiña marcharán cara a París para fuxiren de dous perigos:  a vida que as espreita nas rúas de Kabul e o ventos de desconcerto que sopran dende as montañas veciñas. Así, mentres Abdulá se mergulla nunha vida ateigada de penalidades, Pari,  vive en Francia unha aventura ben diferente.

Estes son os alicerces de E as montañas falaron (2015), a terceira novela de Khaled Hosseini, este  médico de Afganistán afincado en California.montañas2 Despois do éxito acadado polas dúas obras anteriores –Cometas do ceo e Mil soles espléndidos, das cales se venderon máis de 38 millóns de exemplares–, seguro que esta obra terá unha resposta semellante. Ao redor da arrepiante decisión dunha familia humilde, o autor tece unha novela –de lectura pracenteira, continuos saltos temporais e alternancia da voz narradora–  onde se mestura a capacidade de resistencia dos seres humanos contra o destino máis cruel e a miseria máis degradante coa riqueza máis opulenta. É tamén, a loita pola vida nunha encrucillada xeográfica marcada dende hai décadas polo xogo de intereses das grandes potencias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *