O Don, de Mai Jia

C_El don.inddInés Otero. Mai Jia, pseudónimo de Jiang Benhhu, é un dos maiores “superventas” dentro da literatura chinesa. Algunhas das súas obras só son superadas en lectores polo Libro vermello, de Mao Zedong, e O último lobo, de Lu Jiamin, a obra ecoloxista que levou hai uns anos ás pantallas Jean Jacques Annaud. Desta primeira novela, Mai Jia vendeu nada menos que 15 millóns de exemplares no seu país. O Don conta unha historia con certos apuntamentos biográficos. No ano 1981 Mai Jia alistouse no Exército Popular de Liberación, porque a súa familia no espertaba simpatías no réxime, e cursou estudos de telecomunicacións na Academia de Enxeñeiros, onde se especializou na resolución de mensaxes criptográficas ata que o contratou o servizo de espionaxe. Despois de abandonar o exército e estar varios anos perdido polo Tibet, onde  leu a Borges e a Cervantes, decidiu converterse en escritor.

o don2O protagonista de O Don (2014) é Rong Jinzhen, un alumno dotado cun cerebro privilexiado e un talento excepcional para as matemáticas, que, cando a Revolución Cultural de Mao comeza a amosar as súas gadoupas, é obrigado a unirse ao corpo de especialistas en códigos cifrados da Unidade 701 do goberno chinés. Atrapado entre as fendas dun sistema opresivo, a súa vida sufrirá duras probas.

Esta novela de Mai Jia (Fuyag, 1964), ademais de mergullarnos na historia recente de China –a guerra civil, a invasión xaponesa, o impacto da Segunda Guerra Mundial, o ascenso ao poder de Mao e a guerra fría–, denuncia a ausencia de liberdades nos países comunistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *