Frankenstein, de Aitor Rei

frankenstein-04155Xerardo AgraFoxo. O convoi camiñaba a toda velocidade cando se debruzou contra un muro erguido a carón da vía. Foi o accidente máis grave da historia da nosa democracia: 80 mortos e 140 feridos. Este tren era coñecido como FRANKENSTEIN. Por que? Tratábase dun mecano, como aquel que lle dera vida Mary Shelley, construído con retallos. E, para maior desgraza, pesaba 72 toneladas máis das preceptivas. A ausencia de ERMTS neste tramo, un control imprescindible para os trens de alta velocidade, tamén colaborou na traxedia de Angrois.

Pepiño Blanco, logo de dicir, que ”Galicia es la comunidad del Norte de España que dispone de Tren de Alta Velocidad”, negou que a liña fose de Alta Velocidade. Ana Pastor, daquela ministra de Fomento, prometeu que se realizaría unha investigación, pero encargoulla a persoas vinculadas co seu ministerio.  Rafael Catalá, o actual ministro de Xustiza, era entón o Secretario de Estado de Planificación e Infraestructuras. Nun principio, a Audiencia da Coruña rexeitou calquera implicación dos técnicos que informaron favorablemente sobre FRANKENSTEIN. O Congreso dos Deputados, controlado polo PP e o PSOE, impediu unha Comisión de

Aitor-ReiInvestigación. Os demais implicados –enxeñeiros ou expertos de ADIF– laváronse as mans. Feijóo aproveitou a ocasión para colocar unhas medallas noxentas. O único responsable foi o maquinista! O documental de  Aitor Rei, FRANKENSTEIN 04155, denuncia a indefensión que sofren as vítimas. Son tantos os sectores da nosa sociedade implicados no accidente que semella que vivimos na época da impunidade.

Agora, o informe de Bruxelas, cuestionando o traballo da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (“non asegurou a independencia da análise”), deixa a moitos políticos nunha situación vergoñenta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *