Galicia e os galegos na poesía castelá. XLI. Julio J. Casal

julioRomán Arén. O poeta uruguaio Julio J. Casal (1889-1954) foi cónsul na Coruña entre 1913 e 1927, e nesta cidade fundou unha importante revista, <Alfar> que serviu de ponte entre a literatura española (e a galega) e América. Poeta de raíz modernista, amigo de Manuel Machado, foi logo acercándose ás vangardas e ao ultraísmo: Humildad (1921), Cincuenta y seis poemas (1921) e Árbol (1925). É a súa unha poesía sinxela de dicción, límpida, de novidades relativas. Fixo tamén o liberto da ópera El monte de las ánimas, de Eduardo Rodríguez Losada, estreada na Coruña en 1927. Colaborou tamén nas revistas galegas <Céltiga>, <Gráfica>, <Luz> e <Revista Galicia>. En 1919 publicou o poema “A Galicia”, do que anoto un fragmento:

El paisaje brumoso de mis versos/se arrima y forma luz y formas nuevas/Galicia, toda ensueño,/toda amor y leyenda,/le ha prestado un color/de su clara paleta,/y ha vertido en sus ritmos una gota/del mar de su belleza.

No Uruguai seguiu a publicar poesía: Huerto maternal, Humildad e Nuevos horizontes. A súa relación con Galicia foi estudada por outro galego-uruguaio: Carlos Zubillaga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *