X. Ricardo Losada. David Slater, un fotógrafo norteamericano, estaba un día de 2011 nun parque nacional de Indonesia e, de súpeto, apareceu un macaco, premeu o obturador da súa cámara e tirou un selfie. Salter subiuno a internet e o selfie fíxose vicioso, perdón, quixen dicir viral, en pouco tempo. Wikipedia e outras compañías comezaron a utilizalo sen permiso e cando Slater lles pediu que o retirasen negáronse alegando que o selfie non era de ninguén: Slater non tirara a foto, e a lei americana establece que os non humanos non poden ser propietarios de copyrights. Un mono (menos aínda unha cámara) non é unha persoa xurídica e, xa que logo, non pode reclamar dereitos de autor. A foto era de dominio público e calquera podía usala libremente. Os avogados de Slater argumentaron que o mono podía considerarse como asistente do seu cliente. Fora Slater quen preparou o instrumental e a toma, e deixou que o macaco xogase coa cámara previndo a posibilidade, como así sucedeu, de que tirase algunha foto boa. Os dereitos de autor eran seus.
Eu sei que a moita xente este tipo de debates parécelle absurdo, pero fariamos moi mal se non lle prestamos a atención que merece. Axudaríanos a resolver casos tan inxustos como o dese fillo dun amigo meu a quen un catedrático de universidade lle roubou varias ideas dun traballo de investigación, e non tivo nin a deferencia de citalo. É un problema que se dá con frecuencia na universidade española, e que, se nos fixamos ben, está moi relacionado co argumento que deron os avogados de Slater. En España, un alumno universitario é como un asistente que traballa para un catedrático que o prepara intelectualmente e que deixa que xogue coas ideas que el lle dá previndo que algún día poida tirar unha idea brillante que, en boa lóxica, pertencerá ao catedrático e non ao alumno. Entre outras cousas porque ese alumno, como o macaco de Slater, non é humano, vai á universidade facerse humano. Xa o di a sabedoría popular: un home que non traballa non é home nin é nada.
Os filósofos, que levan 26 séculos ampliando a extensión do concepto ser humano, conseguiron incluír dentro da humanidade a millóns de persoas, desde os escravos ata as mulleres, pasando por todo tipo de minorías físicas, psíquicas e sexuais. Hoxe somos tan civilizados que ata consideramos humanos os nenos (hai que ter imaxinación), e dámoslles, en consecuencia, dereitos humanos, mesmo dereitos de autor. De aí vén, precisamente, toda esa polémica actual sobre os dereitos dos animais, incluídos os dereitos de autor dun macaco. Se ese neno insufrible que racha con todo e nos fai a vida insoportable, é un ser humano, é dicir, racional, tamén ten que selo (aínda máis!) ese poni que dá voltas ao redor dun carrusel ou ese león que obedece un domador. Se aguantan tal cousa é porque ha de saber utilizar, mirando os ollos do dono, a lóxica aristotélica: Todos os sádicos maltratan a quen non lle fai caso. Este tipo é sádico. Este tipo maltratarame se non lle fago caso. Si. Hai que ter moita capacidade de razoamento e autocontrol para ser poni de feira ou león de circo. Por iso, aínda aceptando a lei americana de copyright (un non humano non debe ter dereitos de imaxe), opóñome enerxicamente a que non inclúan os monos entre os humanos. Se un poni e un león son humanos, como acabamos de demostrar, e deben ter, en consecuencia, dereitos humanos, con máis razón un macaco, evolutivamente máis próximo a nós.
Querido José Ricardo: Gracias como siempre por tus buenísimos artículos. Veo que ya has cambiado la filosofía de lo entérico , de lo intestinal , por el actual selfie. tú, le das igual a un roto que a un descosido, sabes tocar todos los palos. Si te digo que eres muy bueno me repito, por tanto lo omito.
Al leer, lo de los abogados de Slater, me vino un chiste a la cabeza que con tu permiso te lo cuento. – Cuando Dios entregó las Tablas de la Ley a Moisés dijo : ” El primer Mandamiento, amarás a Dios sobre todas las cosas” – Y la gente le aplaudía , y así con el segundo, el tercero etc, etc, pero cuando llegó al sexto la gente dejó de aplaudir. y entonces Dios le dijo : ” No os preocupéis, esta es la Ley, pero ya elaboraremos la jurisprudencia “.
Besiños palmeiráns