Galicia e os galegos na poesía castelá XLV. Federico de Mendizábal

aguilasRomán Arén. Xa é raro atopar a Federico de Mendizábal nos repertorios bibliográficos ou nas historias da literatura castelá e nin sequera a vella “Espasa” nos axuda moito. Nacido en Madrid en 1901, o seu nome completo é Federico Mendizábal García-Lavín de Velasco, cultivou todos os xéneros literarios, pero destacou, sobre todo, como dramaturgo, cunha obra máis extensa que intensa, na que destacaron obras como El diablo en casa de Dios, La alcadesa del Alcázar, El alma en la hoguera ou Y la luna bajó al bosque. Non foi mal poeta, aínda de raíz modernista, e o seu poemario máis destacado foi El canto triste, de 1955.

En 1959 publica en <Mundo Gallego> de Madrid (nº5, febreiro) un longo poema, “Mensaje del Acero de la Rosa (Desagravio a Rosalía)”, que é un diálogo cos poemas anticasteláns rosalianos. Reeditouno en 1985 Alonso Montero. Selecciono fragmentos:

Aquí está, y a tu planta/hoy dobla su rodilla/y al par su amor te canta,/<un fillo do deserto> de Castilla./Un hijo, sí, del áspero desierto;/y desde aquellas torres almenadas/le traigo el corazón, en paz, abierto,/a tus rosas galaicas perfumadas;/y al crepúsculo manso de tus rías/y a la orilla del Sar, siento que llegas,/encantando las noches y los días/con la canción de flores de tus vegas…

Tras unha defensa de Castela, sen ofender para nada a Galicia, continúa así o poeta:

No quiero ver tu ceño, Rosalía…/¡Desenfádate ya!… Si algún villano/a un hermano gallego, sí, a un hermano/pudo afrentar un día/lo juro: ¡no sería/un verdadero y noble castellano!//Déjame que, por Dios, así lo crea…/Y si estoy engañado, si en olvido/de su hidalgo nacer, os ha ofendido/diciendo que es de aquí, ¡maldito sea!

Todo poema transmite unha emoción do eu lírico a Rosalía (“genio eterno”):

Y saludar al sol de nueva aurora/y a la luz matinal de cada día/con la frase más dulce y más sonora:/tu nombre: Rosalía…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *