Temperie

Distintos elementos auguran a chegada da choiva ou da calor FOTo jesús suárez ares
Distintos elementos auguran a chegada da choiva ou da calor FOTo jesús suárez ares

Xulio Gutiérrez. A sabedoría popular dou en crear advertencias de grande utilidade como as relativas aos fenó-menos meteorolóxicos. Non hai que desprezar avisos como «noroeste de serán, vendaval pola mañán» ou «auga do mar e vento da ría, chuvia pra todo o día» porque son o resultado de centos de observacións condensadas nun certeiro aforismo. Na actualidade preferimos acudir ao programa científico máis popular de toda a grella televisiva. Si, en efecto, o programa máis visto da televisión en todo o mundo é un programa científico. Estámonos referindo, evidentemente, ao espazo que se emite en todas as cadeas despois dos informativos: o tempo.

Tempo é unha palabra polisémica que se emprega para dous conceptos ben distintos. Na lingua inglesa utilízase a palabra time en relación ao tempo cronolóxico e a palabra weather para o tempo atmosférico, mentres que en galego aplicamos unha soa palabra para ambas as dúas acepcións. Quizais a carencia dun vocábulo específico para nomear o tempo atmosférico sexa a razón de que exista tanta confusión entre tempo e clima.

O tempo atmosférico dun lugar concreto a unha hora determinada é o conxunto de parámetros -temperatura, presión atmosférica, dirección e forza do vento, tipo de nubes, humidade, etc.- que afectan ese lugar nese intre. O tempo cambia constantemente ao longo das horas, os días e os meses. Podemos dicir que un día a unha hora concreta o tempo en Lousame é frío e chuvioso, mentres que en Ourense é morno e con ceos despexados. Incluso podemos ver que, por casualidade, un día á mesma hora, o tempo é exactamente igual en Vigo ca en Córdoba.

O clima é un concepto máis xeral que fai referencia en promedio aos mesmos parámetros (temperatura, presión, nubosidade…), xeralmente dos últimos trinta anos. Así, podemos admitir que o clima de Galicia é morno e chuvioso, ou que o clima de Almería e cálido e seco. Pero sería un erro dicir que o clima de hoxe é treboento, xa que este fenómeno puntual refírese ao tempo e non ao clima. E, por suposto, o clima de Vigo é moi diferente ao de Córdoba.

As supersticións sobre o tempo e o clima son tantas que precisarían dun tratado completo, así que baste con mencionar as témporas, que son as catro estacións do ciclo litúrxico católico. Hai quen di que o tempo que vai os primeiros tres días de cada témpora será o que rexerá en cada un dos meses que dura cada unha.

Aquí entra outra vez a sensata voz do pobo con expresións como «marzo, marzadas: vento, frío, sol e sarabiadas», «maio atreboado, ano temperado» e «ceo empedrado chuvia de contado» ademais das máis de setenta palabras que o galego usa para designar as distintas formas de chuvia (poalla, chuvisca, nebra, zarzallo, babuxa, orballo, ciobra, bategada, salseiro, barruzo, escarabana, etc.) como nos amosou o coñecido estudo de Elvira Fidalgo, número que outros autores elevan a máis de cen.

En castelán existe unha palabra pouco común «temperie» que ten o mesmo significado que weather, que non estaría mal que se popularizase e que a importaramos ao galego. Pero, en todo caso, xa sabes «tenlle respecto á Curota cando lle vexas capota».

2 comentarios en “Temperie

  1. Interesantes refranes sobre el tiempo. Voy a decirte uno que acaba de venirme ahora a la memoria, es referente al buen o mal tiempo fuera de lugar : ” Cuando marzo mayea, mayo marcea ” Y referente al tiempo de un lugar cercano a otro te diré que en una ocasión – quizás algo más de un año – fuimos a Boiro a una feria de antigüedades que había en la calle peatonal, ese día diluviaba, tanto así , que decidimos ” marcharnos con viento fresco ” porque allí estábamos ” pasando una crujía ” y nos fuimos ” capeando el temporal ” cuando oímos a un señor que le decía a otro que acababa de llegar de Noya y que allí no había ” mar de fondo ” . No quisimos más oír, nos metimos en el coche y ” pelillos a la mar ” nos fuimos rumbo a Noya pues ” cada palo aguante su vela ” porque en Boiro no nos ” salvaba ni la caridad ” ( caridad creo que le llamaban a la vela ) . En Noya , lucía Lorenzo con todo su esplendor.
    Y después de esta versión real añadiendo los refranes marítimos, te saluda muy cordialmente una lectora.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *