Oliveira Casal. Este luns, un compañeiro de traballo díxome que mercara por dous euros no mercadillo de Noia un exemplar, en envexable estado, de El alma y el espejo, de Rafael Dieste. Edición do ano oitenta e un, na colección Alianza Tres, da editorial homónima. Obra póstuma. Igual ao que conservo na miña biblioteca física. Veneración bibliófila kraheana. Escritos filosóficos nos que o rianxeiro se enfronta ao misterio da existencia. Quitando Dos arquivos do trasno e se acaso Historias e invenciones de Félix Muriel, Dieste é un ilustre descoñecido. Non digamos alén do país, nin falemos deste delicioso xeito de des-cifrar e des-velar.
Neste inverno frío e sen choiva, o amor deixa de ser un acto educativo relevante. O amor, que foi motor do coñecemento na dialéctica ascensional platónica. Involución do logos ao mito: millóns de cerebros ultraespecializados en cadansúa cubeta, visibles máis illados por pantallas de cristal inexpugnable. Sen afán de coñecemento en sentido xenuíno, sen afán amatorio orixinal.
No meu caso foi Humberto B. Abella quen inoculou no bacharelato o vicio da desconformidade como ferramenta esencial do estudo. Atesouro o exemplar que me regalou de El alma y el espejo. Daquela aínda non era xénero de mercadillo.
Cada domingo me auto regalo tres libros. Los compro en la feria de Padrón, los tres por siete euros. Me estoy haciendo con la colección ” A nosa terra ” Estos son los que ya poseo: Avilés de Taramancos, Arturo Souto, Don Eladio Rodríguez González, Martín Sarmiento, Lorenzo Varela, Blanco Torres, Carlos Casares, Xaquín Lourenzo, Castelao, Alexandre Bóveda, Blanco Amor, Lugrís Freire , Novoneyra y Breve Historia do Nacionalismo Galego.
Recomendabilísimos . Bos días a todos