Doutora Ela e Míster El

Espejo-maquillajeX. Ricardo Losada. Teño discutido moito coa muller sobre as razóns de que se acicale tanto para ir a unha voda ou a unha festa. Ela dime que o fai para sentirse ben consigo mesma (o que me parece razoable) pero, sobre todo, para gustarme a min, o que me parece moito menos crible. Direino sen matizacións. Paréceme falso. Teño clarísimo que, tanto ela como as outras mulleres, acicálanse para gustarlles aos demais homes, e non ao propio. Porei no deber das escasas crueldades femininas que, por riba, queiran facernos crer o contrario. Nin que dicir que, cando na cuadrilla de amigos falamos deste tema, as outras mulleres danlle a razón a ela. E xa non digo nada se están presentes mulleres das novas xeracións. Acicálanse para gustarse a si mesmas. Ata aí podiamos chegar. Polo menos, non adoitan mostrarse tan crueis como as súas antecesoras. O de acicalarse para gustarlles á parella dino bastante menos.

Podería aportar razóns de bioloxía evolutiva para confirmar a miña teoría (dimorfismo, competencia polos espermatozoides, división sexual do traballo) pero sei que sería inútil. Neste tipo de discusións funciona mellor iso que algúns filósofos actuais chaman posverdades: verdades aceptadas coa emoción máis que coa razón. Invocarei, xa que logo, a emoción contándovos que Simone de Beauvoir, unha das grandes feministas da historia, cría que as mulleres heterosexuais pasan tanto tempo diante dos espellos porque en lugar de mirarse tal e como son, necesitan verse a si mesmas, cunha mirada masculina, como obxectos de atracción e desexo.

mirando É certo que Simone de Beauvoir escribiu iso en 1949 e que a situación e a psicoloxía da muller cambiou moito desde aquela. Hoxe, por exemplo, as mulleres son capaces de falar publicamente dos homes como obxectos erotizados, pero teño a impresión de que seguen mirándose ao espello polo mesmo. Así, cada vez que a muller e eu decidimos ir ao cine ou cear fóra da casa, e a vexo enfrascada en lavar o pelo, ducharse, escoller a roupa, maquillarse e observarse no espello, recordo que cando decidimos ver unha película e cear na casa, non se acicala, nin para min nin para ela, e pon o pixama de sempre. Ten, por suposto, todo o dereito do mundo, pero non lle debería estrañar que a min me guste tan pouco saír de noite da casa. Eu tamén teño dereitos, e un deles, quizais o máis básico, non vela mirarse no espello cos ollos lascivos de outros.

7 comentarios en “Doutora Ela e Míster El

  1. 1- Eu vendo como a miña muller se mira desde o espello a si mesma cos ollos lascivos de outro. Se o imaxinas debuxado, pode que si vexas unha caricatura.
    2- Xa sei que internet se presta ao exhicionismo, narcisista ou masoca, pero, neste caso, prefiro gardar as miñas debilidades, das que estou moi orgulloso, por certo. Sinto terche creado esa intriga.
    3. Incluso nos piropos intelectuais hai prioridades. Non é o mesmo que me valore o intelecto Trump que Obama, poño por caso.
    4- Ser mozo é ser quen de crear novidades, teñas a idade que teñas. Porque non é certo que as novidades duren moi pouco. O que dura moi pouco son as modas. As cousas que permanecen foron algunha vez novidades. A esas me refiro, por suposto.
    5, 6, 7. Xa que estou perfecto, non podo ser vingativo. Saúdos cariñosos tamén para ti.

    Apertas rianxeiras

  2. 1- Querido profesor: Sí, he palpado tu talante… exagerado, no el caricaturesco.
    2- Me alegro que a ti también te agrade gustar, y creo que prioridades todos las marcamos, pero que pena que tu osadía no sea un poco más audaz. Me quedo con una incertidumbre inquietante.
    3- Estoy segura de que a mi querido Gonzalo le gustaría muchísimo más que lo piropeara yo, porque es feminista hasta las cachas y todo lo que venga de una mujer siempre sabrá amarlo, aunque estoy segura de que si lo piropeara mi marido le encantaría igual porque sabría que era por su intelecto.
    4- Qué sólo rejuvenecen las novedades ? No, la novedad sólo es algo rompedor y dura muy poco. Y claro que tu mujer te quiere distinto porque te quiere más. y de momento no necesitas remozarte, estás perfecto.
    5- Que tengamos puntos de vista diferentes es muy normal y favorable, los estrógenos se entienden bien con los andrógenos y viceversa pero, son diferentes. Cual de los dos tiene razón , tú o yo? eso es anecdótico.
    6- Besiños cariñosiños para ti, no te guardo rencor.
    7- Las cartas exensas me encantan casi tanto como las venganzas de género

  3. 1-Agardo que se note o talante caricaturesco do texto. En caso contrario, pobre de min se chega a lelo a muller… Pero que sexa caricaturesco non quere dicir que non exprese o que penso. Só o esaxera.
    2-Estou de acordo con iso de que ás mulleres vos gusta gustar en xeral. Pero eu non creo en abstraccións, menos aínda en cuéstións de gustos. Sempre hai prioridades. Quero dicir. A min gústame gustar en xeral. Pero prefiro o gusto das mulleres ao dos homes. E dentro das mulleres tamén marco prioridades. NOn digo cales por falta de ousadía.
    3- O mesmo vale, por suposto, para os homes, acicalémonos máis ou menos. Non sei se a Gonzalo Trasbach lle gustará máis que o piropees ti ou o teu marido.
    4- Eu non me sinto desprezado pola miña muller porque teña máis en conta o criterio de outros. Só rexuvenecen as novidades e eu hai tempo que deixei de selo para ela. Quéreme menos por iso? Para nada. Quéreme distinto. (Non se consola quen non quere, como ves).
    5- É normal que homes e mulleres teñamos puntos de vista distintos. O importante é poder expresalos con sinceridade. Caben dúas posibilidades. Que eu estea equivocado por descoñecemento da psicoloxía feminina ou que ti te autoenganes por coñecemento non asumido desa mesma psicoloxía feminina. Pero quen ten razón é secundario. O importante é que evitemos iso que está pasando nos últimos anos. Homes e mulleres coincidindo en todo, e non porque realmente coincidamos, senón porque hai un clima de autocensura nos homes cando se expresan publicamente. Triste. Triste. Triste.
    6-Saúdos moi cariñosos para o teu home, e fríos para ti.
    7- Si, o punto 6 é unha vinganza de xénero.
    Apertas e desculpas pola extensión

    1. Bos días. A resposta é para os dous. Eu agora de vello acicalome máis que nunca (e non só para as mulleres, que xa nin miran para min!). Porque o único que me queda é a imaxe. Pero en realidade é que para contestar á polémica, unha anécdota: un sobriño meu que anda a batea chamalle a un home xubileta coma eu “eu non fun”. Un día pregunteille porque lle chamaba así. E el díxome: porque no barco cando pasaba algo e o patrón pregunta que pasou, el sempre levanta as mans e contestaba o mesmo: “eu nun fun”. É moi galego, pero serve. Ou non?

  4. Querido profesor: ayer le leí a mi marido tu artículo para saber que opinaba sobre lo que tú sostenías de que las mujeres nos acicalábamos para gustar a otros, no a la propia pareja, y me quedé perpleja cuando me comentó que por supuesto estaba de acuerdo contigo. Bueno, bueno, bueno, biológia evolutiva… En primer lugar te diré que estáis en un gravísimo error. A las mujeres ciertamente nos gusta gustar, pero a todos en general. Nos encanta sabernos bien puestas y guapas para encontrarnos a gusto con nosotras mismas. Claro que logicamente en casa no estamos igual que cuando vamos a una cena, la simultaneidad de tareas domésticas no nos lo permite, pero, no por eso tenemos que descuidarnos. A las mujeres nos gusta que la ” gente ” – no sólo los hombres – nos vea bien, utilizamos todos los días nuestras cremas corporales y facciales, y nos ponemos un ligero toque de perfume. Te aseguro que despues de hacer esto además de una rayita en los ojos y un ligero toque de color en los labios sin necesidad de maquillarse ya una se encuentra como una rosa para recibir a quien le venga en gana en esos momentos de acercarse a tu casa . Además estoy completamente segura de que a vosotros os gusta que nos arreglemos, No tengo duda de que así es.
    Bueno, voy a preparar la merienda a mi cónyuge. Creo que ya se me ha pasado el enfado de anoche por haberte dado a tí la razón que no merecías.
    Saludos paleiráns. ( Hoy no te mereces los cariñosos saludos )
    P.D. He ido a mirarme al espejo y no he encontrado rastro alguno de Simone Beauvoir continúo viendome con la mirada femenina de siempre, deben ser los años…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *