Quimeras que non son quimeras

porcoX. Ricardo Losada. Hai anos era habitual insultar unha persoa, mesmo un neno, chamándolle animaliño, sobre todo cando se comportaba dunha forma pouco humana. Agora estaría mal visto. Os dereitos dos animais e a sensibilidade con outras especies aumentaron notablemente. Case se lle deu a volta á situación. Máis que insultar un ser humano chamándolle animal, insultamos os animais, como Schopenhauer, chamándolles humanos. Non sexas adolescente, oínlle berrar o outro día a unha veciña. Dirixíase a un can que non para de ladrar en toda a noite. Non llo preguntei, pero seguro que pensaba nalgúns deses mozos (vive nunha zona de moita marcha) que non a deixan durmir as fins de semana. Pero aínda me impactou máis un profesor do meu instituto berrándolle Alumno da ESO a unha abella que non o paraba de molestar mentres intentaba ler un libro na sala de profesores. Tampouco tiven ningunha dúbida. Pensaba nalgún deses alumnos que non o deixan dar clase con tranquilidade.

Conto iso para que comprendades a conmoción que me provocou ese novo avance biolóxico en medicina xenerativa que vai permitir que as células nai humanas prendan en embrións de porco, cabra, ovella ou mono.  O obxectivo é fabricar animais (chámanlles quimeras) con órganos humanos que poidan transplantarse a pacientes que os necesiten. Non é unha proposta de futuro. Xa se transplantaron células humanas nos lóbulos frontais do cerebro dun rato, e melloráronlle a memoria, a aprendizaxe e a capacidade de adaptarse a ambientes novos.  Pero non son as cuestións biolóxicas as que agora me preocupan, senón as éticas. Tendo en conta que a identidade está na mente e a mente funciona con neuronas, un porco ao que lle implanten neuronas humanas, é un porco, un humano ou un híbrido de porco e humano?

porco2Problemas como este fan que moitas veces me arrepinta de ter estudado filosofía. Co fácil que sería dedicarse a unha profesión relacionada coas ciencias naturais, xa sexa físico, químico, médico ou biólogo. Fixéronse coa parte fácil do traballo intelectual (os problemas resolubles) consensuando un método fácil e eficaz para escoller a mellor solución. Suscitar hipóteses que despois os datos confirman ou rexeitan. Os filósofos, porén, teñen que ocuparse dos problemas máis difíciles, aqueles con múltiples solucións válidas, pois niso consiste a vida real, non a inventada nun laboratorio para estudala mellor. Pórlle os beizos de Sofía Loren a unha porca ou o pene de Brad Pitt a un rato ou o córtex frontal de Stephen Hawking a un mono non ten mérito ningún. Extravagancias maiores existen na literatura desde hai séculos. O difícil é saber se esas quimeras resultantes son humanas, animais, máis humanas que animais ou máis animais que humanas, e se, en consecuencia, cando queiramos insultalas debemos chamarlles humaniñas, animaliñas, humanoanimaliñas ou animalohumaniñas. E iso si é preocupante. Vivir humanamente sen quimeras biolóxicas é posible (levamos miles de anos facéndoo), pero vivir humanamente sen saber insultar é, simplemente, e no sentido habitual da palabra, unha quimera.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, X. Ricardo Losada. Garda a ligazón permanente.

5 respostas a Quimeras que non son quimeras

  1. carmen gonzález di:

    He vuelto a mirar las imágenes y te doy la razón: mueven más a risa que a repulsión. (No contaba con el pareado). Pero me aterra pensar que un proyecto así pudiera llevarse a cabo.
    Estoy de acuerdo contigo: líbrenos Dios de un humano molesto. A un animalito se le puede dar un grito y hasta corregirlo. Pero a un humano –por aquello de las formas- no hay manera de hacerle ver sus majaderías sin acabar como el rosario de la aurora.
    Unha aperta forte e ata outra

  2. x ricardo losada di:

    1- Alguén dixo que o humor permite ver por onde coxean as cousas.
    2- Estamos nun momento decisivo. Eu son un admirador do progreso científico, pero os últimos avances van supor un cambio radical, nunca visto. Está en xogo o mesmísimo concepto de ser humano. Eu négome a ser pesimista porque ata a invención da bicicleta (cuxo aniversario agora celebramos) provocou reaccións apocalípticas. No que si son pesimista é en que haxa o tan necesario debate ético sobre eses avances. (Déixoo aquí, é un tema que requeriría moito espazo).
    3-Xa se fixeron experimentos con ratos que conseguen unha maior sociabilidade. Pero recorda que os humanos son teóricamente sociables e porén dannos máis a tabarra que o peor dos animais. A min téñenme amargado máis a comida os humanos que os
    bichitos. Os bichitos molestáronme, normalmente, cando fun comer ao seu hábitat. Os humanos ata na miña propia casa, e invitados!!!!
    4- O humor impídeme ver esas fotografías como repulsivas. Outra vantaxe.
    Apertas e grazas polo comentario

  3. carmen gonzález di:

    ´
    Me alegra que tomes en clave de humor –con visos de inquietud- una cuestión que, la mires por dónde la mires, atenta contra la ética.
    Ya lo decía don Hilarión: “Hoy las ciencias adelantan…” Pero, sin un freno moral, ¿hasta dónde se podrá llegar con esos adelantos…? ¿Vale todo…? Me pregunto si cualquier cosa es lícita cuando el fin justifica los medios. Esta misma cuestión –desde otra perspectiva- la plantea Pilar Jurado en su ópera “La página en blanco”.
    Es cierto que, gracias a la ciencia, se han erradicado enfermedades y otras se hacen más llevaderas; pero creo que en un tema tan delicado debería establecerse una normativa ética bien definida.
    Tu artículo me ha causado cierto desasosiego: tengo una nieta haciendo el doctorado en Química –con unas notas de excepción- y no quiero imaginar siquiera que pudiese aplicar sus conocimientos en actividades que no se ciñan al código deontológico de su profesión y –sobre todo- a su sólida moral personal.

    Y ahora cambio de tercio dejando a un lado la parte seria de la cuestión:
    El verano pasado me senté a comer el plato del día en la terraza de un restaurante. El lugar estaba poblado de árboles, arbustos y otras especies vegetales. Ese día llevaba puesto un vestido con motivos florales en el que destacaba el color amarillo. No sé si a causa de ese color o del realismo de las flores, el caso es que comenzaron a pulular a mi alrededor cuatro avispas, posándose a ratos sobre mi vestido.
    Al servirme el camarero el primer plato, los insectos comenzaron a situarse descaradamente entre la ensalada mixta y mi floreada ropa.
    Al final acabé comiendo en el interior del restaurante, a pesar de no soportar el aire acondicionado.
    Cuento este episodio porque quiero formular la siguiente pregunta:
    ¿Sería posible inocular a estos bichitos alguna sustancia que los transforme en más sociables y dejen de darte la tabarra mientras comes?
    En este caso, me mostraría transigente con eso de la deontología.
    ¡Inmejorable la fotografía!, pero repulsiva.
    Os deseo Paz y Bien en el 2017

  4. x ricardo losada di:

    1-Encántanme todas as anécdotas que contas. E como as contas. Quizais deberas
    facerlle caso a Carmen e pararte a escribilas.
    2-Recordo unha fin de semana que pasei cunha dor tremenda por unha moa.
    O luns fun ao dentista e solucionoume o problema. Vaia alegría, pois tamén a min me gusta que os médicos solucionen problemas que teñen unha única solución. Fáciles, difíciles? Canto che doe unha moa, quen non está disposto a cambiar de filosofía!
    3- É unha marabilla coincidir nun lugar chamado Filosofía.
    4- Creo que utilicei as tres cousas, ironía, caricatura e sarcasmo, tal e como expresan as marabillosas ilustracións que escolleu Antón Riveiro Coello.
    Apertas rianxeiras

  5. Magdalena di:

    Querido profesor: Hasta hace dos años sólo contábamos con una perrita llamada Pipa, un día se nos escapó del recinto donde suele estar, que es alrededor de casa. Tiene suficiente espacio por donde corretear y nunca trató de escaparse, pero su ciclo reprodutivo cambió su comportamiento. El estrógeno y la progesterona hicieron que rompiera el alambre y fuese en busca de lo que necesitaba. Ahora está castrada pero contamos con tres animalitos, Pipa, Odín y Niva. Tu vecina le dice al perro que no sea adolescente, yo a Pipa le digo que no sea Farinelli, porque en las noches de plenilunio parece el “castrato”.
    Y yendo a lo de las neuronas, te preguntas de qué si a un cerdo se las inplantan, pasa de ser un cerdo a un humano o, un híbrido de animal-humano. Yo solo sé que, si al ratón han conseguido mejorarle la memoria bienvenido sea el avance biológico. Conozco el alzhéimer muy de cerca y en ” este ” caso la ética la dejo en un lugar secundario . Ya sabes que soy católica y practicante, pero los avances para mejorar la salud ante todo.
    No te arrepientas de haber estudiado filosofia si en lo tuyo eres bueno, la filosofia es preciosa. Si yo hubiese tenido la suerte de haber estudiado, esa sería mi meta. Yo no sé si las profesiones que mencionas se han quedado con la parte facil del trabajo intelectual ( problemas resolubles ) pero un médico por ejemplo, aparte de su capacidad intelectual , prima esa labor tan humana y dura que desempeña.
    Me imagino a Pipa con los labios de Sofía Loren y a Niva u Odín, con los atributos de Brad Pitt, todo sería cuestión de adaptación. Como bien dices, cosas más extravagantes hemos visto y leído. Esas magníficas ilustraciones que acompañan a tu artículo me recuerdan a la gran novela de Orwell ” Rebelión en la granja”. Saludos al ilustrador.
    ¿Hoy has utilizado la ironía, la caricatura o el sarcasmo ? sea lo que haya sido, el artículo te ha salido humanamente real, sin utopías ni quimeras. Cada vez me lo pones más difícil.
    Un cariñiño palmeirán, te lo mereces.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>