Unha escritora americana

aNAGRAMA 001Xerardo AgraFoxo. LionelShriver –nacida Margaret Ann Shriver, 1957– naceu en Carolina do Norte no seo dunha familia profundamente relixiosa, sendo seu pai un predicador presbiteriano. Graduouse pola Universidade de Columbia en Belas Artes e viviu en Nairobi, Bangkok e Belfast. Na actualidade reside en Londres. Está casada co batería de jazz Jeff Williams.

Tenemos que hablar de Kevin, que recibiu en 2005 o Premio Orange, conta a historia de dous pais: Eva, unha autora e editora de guías de viaxe, casada con Franklin, un fotógrafo publicitario. Ela é demócrata; el, republicano. Despois de varios anos de matrimonio conseguiron ter un fillo, Kevin. Pero o ansiado rapaz, axiña se converte nun ser difícil, nun neno mal educado, nun adolescente terrible e, finalmente… o  problema da violencia que estala nunha pequena localidade. A nai, descubrirá entón o lado malvado da natureza; o pai, fará ollos cegos ante a penosa realidade. Polas cartas que Eva lle escribe ao seu home, sabemos da súa complicada vida e da conciencia de culpa que a invade por ter un fillo que lle alterará o rumbo da  vida. Pero ademais da traxedia familiar que se nos descubrirá a través das sucesivas epístolas, a obra constitúe unha crítica mordaz contra determinados mitos da sociedade americana. Un libro duro, arriscado, valente e sen concisións. 600 páxinas que se devoran sen alento.

LIONEL 001El mundo después del cumpleaños, conta a relación triangular entres dous americanos que viven en Londres, Irina –ilustradora de libros- e Lawrence –experto en relacións internacionais–, con Ramsey Actom, un xogador de snooker. Dende hai cinco anos, concretamente o seis de xullo,  día do aniversario deste campión inglés, sempre cean xuntos. Cando un día Lawrence se ausenta por culpa dunha viaxe de traballo e Irina acuda á cita nun restaurante xaponés para non romper a tradición, nace unha historia que a autora resolve de maneira inesperada e cunha ousadía literaria ben curiosa. Nuns capítulos, asistimos a un previsible adulterio e posterior ruptura do matrimonio. Noutros, a relación entre a parella americana apenas se altera. Deste xeito, é o lector quen debe escoller o vieiro que máis lle convén, dous carreiros simultáneos e alternativos que se abren ante a nosa mirada e o incerto futuro de Irina. 700 páxinas para lectores cómplices con esta escritora americana. Tamén para amantes do snooker.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *