Gonzalo Trasbach. O vindeiro 23 de abril George Steiner chegará á moi venerable idade de 88 anos. Seus pais partiran de Viena, a antisemita capital austríaca e berce do nazismo, en 1924 para instalarse en París, onde el naceu en 1929 e de onde, pouco tempo despois, fuxiu toda a familia cara a Nova York antes de que o exército do Terceiro Reich invadira Francia coma un coitelo quente corta a manteiga. O seu pai, que ocupaba un importante posto no Banco Central de Austria, con inexorábel clarividencia presentiu a grande catástrofe: baixo o cegador liberalismo da cultura vienesa cheirou o odio doutrinal e sistemático que bulía contra os xudeus. O orgulloso xudaísmo do seu pai, como o de Einstein, o de Freud, estaba vernizado de agnosticismo mesiánico, debíalle tanto a Voltaire coma Spinoza. Mais aínda así, toda a metafísica e a crítica cultural alemás, de Kant a Nietzsche, pasando por Schopenhauer, os clásicos da poesía e do teatro xermanos, os grandes historiadores como Ranke, Momnisch e Gregorius, abarrotaban os andeis da biblioteca do seu proxenitor. Outro tanto se podía dicir dos músicos, empezando por Wagner. Neste ambiente medrou un neno que co paso dos anos converteuse nun dos máis importantes intelectuais e nun sagaz crítico cultural do noso tempo, e tamén nun escritor único, que recibiu o premio Príncipe de Asturias da Comunicación no 2001, e que ademais exerceu a ensinanza, a súa máis viva paixón, nas máis prestixiosas universidades norteamericanas e europeas. Retirouse en Cambridge, cidade inglesa na que aínda reside na compaña da súa dona, a historiadora Zara Shokow.
Steiner, que nunca se considerou un creador, senón só un mestre, atesoura a capacidade de ser capaz de articular con relativa consistencia o teorema de Kurt Gödel, o poema de Parménides e a tetraloxía de Wagner, e descubrir, nestas tres proezas, un tronco espiritual común. Nos seus textos bota man dunha memoria asombrosa combinada cunha erudición que se alimenta de case todas as linguas europeas. Os seus ensaios combinan a pompa académica aderezada coa típica malicia e contundencia crítica. Neste sentido, podíamos destacar tres eixes centrais na súa obra: o filolóxico, representado polas monografías apaixonadas (Kafka, Tolstoi, Dostoivski, Broch, Bernhard, Heidegger), aínda que noutras ocasións están reservadas ao campo da crítica e á historia da cultura (“Antígonas”, “Después de Babel” e “En el castillo de Barba azul); o ideolóxico, que centra o interese nos ensaios onde se enfronta ás derivas pos modernas que considera nihilistas (“Presencias reales”). E a crítica da cultura contemporánea (“Nostalgia del absoluto”, “Lecciones de los maestros” ou “Gramáticas de la creación”).
Pese a súa precaria saúde, Steiner está de actualidade grazas ao esforzo da editorial Siruela, que, logo de encargarse de dar a coñecer a meirande parte da súa escrita, recentemente vén de publicar varias obras novas: “Un largo sábado” é un volume de conversacións coa filóloga e xornalista francesa Laure Adler (algo semellante ao que xa levara a cabo en “La barbarie de la ignorancia”). Baixo o título de “Fragmentos” están agrupados un puñado de pequenos ensaios sobre preocupacións que sempre inquietaron a un autor con tres nós obsesivos: a morte, a memoria, o Holocausto. “En lo profundo del mar” reúne todos os seus traballos de ficción.
Mi escueta respuesta va dirigida a la mayoría de los articulistas de este blog: son tan numerosos los autores que mencionáis en cada uno de vuestos artículos que una se pierde en su intento de relacionarlos.
A lo que escribes sólo puedo agregar que, a pesar de las deportaciones, persecuciones, exterminios…, la pléyade de literatos, científicos, médicos, pensadores… judíos, sigue ahí.
Boas noites.
Querido Gonzalo:
Después de unas horas de faena he venido a descansar un rato a mi lugar favorito, mi lugar de relax : el ordenador. Me encontré con tu artículo, doble motivo para relajarme a pesar de que tus escritos para mis entendederas son un poquito complicados.
Hace unos días le dabas las gracias a Román por toda la información sobre Lorca y le decías que tu comentario ( el que habías escrito recordando el ochenta aniversario de su muerte) se había quedado cojo. No recuerdo en estos momentos ese artículo, pero dudo mucho que haya sido un artículo manco pues leyendo ahora el de Steiner, ¡¡ Chico !! te has empapado toda la documentación de la Biblioteca de Alejandría…
Gonzalo, ojalá Steiner pudiera leer tu artículo, estoy segura que sería el mejor regalo en su 88 cumpleaños. Yo también le deseo que cumpla más con mucha salud .
Un abrazo amigo Gonzalo.