125

recompilatorio1
Foto: La Voz de Galicia

Antón Riveiro Coello. É cousa sabida que o importante non é botar adiante un proxecto, senón mantelo no tempo. E si, doce anos despois, aquí estamos, orgullosos na periferia, celebrando o quinto recompilatorio que recolle 25 números máis do suplemento cultural A Voz de Barbantia, un milagre colectivo que xurdiu precisamente do encontro feliz da A. C. Barbantia e La Voz de Galicia, ben representada no Barbanza polo xornalista Moncho Ares. Esta alianza estableceu certas bases para que a publicación seducise a toda clase de lectores. Procurouse un perfil variado que manexase un concepto amplo da cultura, un deseño atractivo e unha ollada áxil sobre a máis diversa temática. Outra das condicións era que o suplemento fose escrito integramente en galego e que os colaboradores fosen medrando, como así foi, con cada número. A Voz de Barbantia non tardou en se converter en voceiro activo desta península que acolle no seu seo unha morea ilustrada de persoas preocupadas por un dos bens máis valiosos de toda a sociedade: a cultura. Velaí o máis emocionante deste proxecto: o capital humano e altruísta que colabora ad honorem para inventariar o pasado e poñerlle voz á terra, á paisaxe, á arte, á historia ou aos libros.recompilatorio Por riba, a saída de cada suplemento o último venres de mes sinala o almanaque da cultura, porque La Voz de Galicia e Barbantia percorren esta península coa presentación de libros e encontros polos que pasan figuras salientables da nosa cultura. Por iso, conscientes dos atrancos, celebramos con humildade este quinto recompilatorio e poñemos no obxectivo o sexto, iso si, agradecendo as xenerosas achegas das persoas que entregan en cada número o seu entusiasmo e a súa implacable fidelidade, que non é pouca cousa.

Un comentario en “125

  1. Pues muchísimas felicidades por vuestro trabajo, Antón, y que perdure.
    Un Doctor de la Iglesia francés, san Bernardo, decía: ” Quien se disponga a leer, no busque la ciencia, sino el placer ” y yo creo que además de la cultura que ofrecéis, nos dais momentos de entretenimiento fantásticos.
    Enhorabuena y un abrazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *