Transiberiano

transiberianoXerardo AgraFoxo. Estou a ler Billete de ida e volta (2017), un libro do periodista Christian Wolmar (Londres, 1949), sobre a construción do Transiberiamo, a gran aposta dos derradeiros tsares para unir a finais do século XIX os máis de 9.000 quilómetros que separan Moscova de Vladivostok, e, sobre todo, sorprendéronme dúas cousas ben diferentes. A primeira, é a análise que o autor desta reportaxe de investigación realiza sobre as causas que motivaron aquel xigantesco proxecto da enxeñería daquel tempo. Entre outras, sinala o desexo de rusificar un vasto territorio ateigado de riquezas, unha colonización que debía facerse seguindo o modelo que empregaran os norteamericanos para ocupar o leste do seu territorio; o intento de controlar o perigo amarelo; militarizar unha vasta rexión entre fronteiras conflitivas; e explorar os seus recursos naturais, o que conseguiron intensificando a produción de Siberia que se converteu no principal mercado de abastecemento das maiores cidades do país.

transibA segunda, talvez máis sorprendente, foi a lectura das páxinas destinadas a outros usos do Transiberiano. Coa chegada de Stalin ao poder os vagóns víronse ateigados de certo tipo de pasaxeiros, aqueles que viaxaban coma mercadorías contra a súa vontade en furgóns de carga estritamente vixiados: a man de obra gratuíta que, despois de liberarse dun pelotón de fusilamento ou o cárcere, integraron o GULAG.

Un libro excepcional, e unha auténtica lección de historia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *