Mark Zuckemberg omnipotente

Mala-posturaX. Ricardo Losada. Imaxina que un día espertas e, sen ti sabelo, un Ser omnipotente reduciu as túas dimensións corporais á cuarta parte. Daríaste conta do cambio se o resto de obxectos e persoas que hai ao teu redor se reducisen na mesma proporción? Por suposto que non. Dirás ti, aquí está outra vez o X. Ricardo este con situacións inverosímiles, mesmo ridículas, a quen se lle ocorre? Si? Pensáchelo? Pois a ti, se non es un nativo dixital, xa che pasou algo parecido. Levantácheste un día e no teu cuarto había un ordenador con conexión a internet, e utilizaches as redes sociais como se o fixeras toda a vida, e aínda que un Mark Zuckemberg omnipotente reducira á cuarta parte a capacidade do teu cerebro, como tamén reduciu na mesma proporción a capacidade dos outros internautas, pensaches que seguías tendo a mesma intelixencia.

     Creo que esa analoxía lle gustaría moito ao crítico literario italiano Alfonso Berardinelli, un tipo tan curioso que tras estar vinte anos dando clase na universidade renunciou á cátedra, e que se sente inmensamente feliz por ser un dos poucos seres humanos que consegue resistir o suposto encanto das novas tecnoloxías. berardEstá convencido de que a el non lle reduciron o cerebro porque se sente máis próximo a un home medieval ou do s. XIX que a un mozo nacido nos últimos vinte anos. Aínda que os demais o ven como un xigante (en anos, é dicir, un cavernícola), el sabe que non encolleu pois cre ser o único que conserva o metro de medir a intelixencia que a especie humana usou toda a vida.

     Eu, por suposto, non estou de acordo con Berardinelli. Creo que lle pasa o mesmo que a aquel mestre, do que falaba Carlos Casares, que lle pegou a un neno porque pintou un can coa súa cara. O neno non entendía por que. Pintara o can porque lle gustaban os cans e puxéralle a cara do mestre porque lle parecía moi listo. Berardinelli pensa, creo eu, que internet tamén nos debuxa con cara de burro, insultando a nosa intelixencia. Non se decata de que é xusto o contrario. A internet gústanlle os seres humanos, e ponnos cara de burros porque… porque… os burros son…. Iso. Son listos os burros?

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, X. Ricardo Losada. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Mark Zuckemberg omnipotente

  1. x ricardo losada di:

    Tamén sinto eu que os aires rianxeiros provocaran tales efectos, pero pensa que máis “menguada” quedarías cos aires tempestuosos de Florida.
    Si. Parece que o cerebro é o gran descoñecido e, como ti dis, o problema non é que sexa descoñecido para os científicos senón para os propietarios.
    Esa miña décima parte, se a teño, tamén comeza a menguar. Tempo Omnipotente fai un labor lento pero seguro.
    Grazas polo teu optimismo cara a miña encefalización
    HOXE É A NOITE DAS BENGALAS EN RIANXO. XA SEI QUE É UN ACTO UN
    POUCO CURSI, PERO TAMÉN MARABILLOSO. INVITADOS ESTADES TODOS OS BARBANTIOS

  2. Magdalena di:

    Yo no me lo imaginé, querido profe; desperté menguada. No precisamente mis dimensiones corporales se achicaron ( no quiero ni pensarlo, habría que buscarme con un catalejo) pero, mis fosas nasales, bronquios, garganta y otros órganos, sufrieron un cambio tan drástico que por unos días tuve que renunciar a la cátedra de quehaceres domésticos. Creo que los aires rianxeiros y la orquesta “Abanico” con su pai pai eólico fueron los culpables de tan aguda e impertinente situación.
    Sobre lo de Zuckemberg: Dicen que se desconoce la utilidad de nueve décimas partes del cerebro humano. Y yo creo que en determinados casos, incluso de esta décima que queda… En fin.
    El ibuprofeno me está esperando, querido profesor. Que el cerebro continúe regalándote temas tan plurales y amenos; en tu caso, esa décima parte está muy lúcida.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>