Francisco Ant. Vidal Blanco. Os pa-os da vida, nacemento, casamento ou funerais, tiveron sempre, en todas as épocas e lugares, un ritual propio, que de tan arraigados non se entenden sen eles, tanto que ata se fai difícil quitarlle esa carga relixiosa que perdura na maioría dos casos a pesar dos 40 anos de estado laico en que vivimos. Aínda así, xa non son tan amargas como dicía Sabina as vodas polo civil, e podemos asistir a actos nos que as palabras de amigos e familiares cobran protagonismo, substituíndo con grande éxito as rutineiras frases dun oficiante estolado. E aínda direi que moitas daquelas celebracións civís ás que teño asistido foron máis emotivas e esplendorosas cás relixiosas, cando en vez do de mandar recoñecer os pecados exhórtase ós noivos a proclamar e facer duradeiro o amor, e en vez de pedirlle pan ó pai dos ceos, deséxaselles un futuro de prosperidade con palabras máis de andar por terra, e sen hipotéticos premios post-morten.
Tampouco teñen un ritual específico os funerais civís, pois aínda non se habilitou un protocolo que exima ós familiares e amigos do finado de preparar unha despedida sen incenso nin auga bendita que satisfaga a todos, a maioría das veces deixados ó gusto e improvisación dos parentes que, ó contrario ca nas vodas, non están para festas. Aí está o exemplo dos funerais americanos con papatoria incluída e un estrado onde cada quen bota un discurso laudatorio, pero francamente, a min non me gusta, ó mellor porque o meu coñecemento dos mesmos vén vía Hollywood, e nas películas todo é moi teatreiro. Por preferir prefiro algo como o que xa se está facendo común entre nós, a despedida a ritmo da Marcha do antigo reino, esa que tanto serve para un casoiro como para unha procesión fúnebre, dependendo de como se cargue de bombo.
Pequenos xestos que pouco a pouco irán asentando entre nós, ata que, igual que coas vodas, tamén os funerais sexan máis emotivos.
Querido vecino; yo pienso que aunque vivimos en un estado laico, la mayoría de nosotros conservamos ese espíritu religioso con el que hemos convivido durante tantos años. Mi hijo está casado civilmente, y Dios me aparte ( ya me apartó ) de que de mi boca saliese una sugerencia a ese respecto. Ellos son mayores de edad y han hecho lo que les ha parecido mejor y Santas Pascuas, porque para mí, la mejor religión es la más tolerante, sea con dirigente con estola y sus frases rutinarias de la misa nupcial, o con la formula empleada que le dedicó la que hacía las veces de alcalde. Ahora eso sí, yo también pido de la otra parte la misma tolerancia. En mi caso, cuando le diga adiós al mundo de los vivos, prefiero que el “estolado” forme parte de la comitiva. Para las personas creyentes, Dios está al principio, para los científicos, al final de todas las reflexiones. Y yo soy creyente.
Un besiño desde nuestro pueblo, Francisco.