Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (e IX)

murillo-nic3b1os-jugando-a-los-dadosFidel Vidal. Unha práctica habitual dos que buscan, coa posibilidade dun engadido, dunha suma, a salvación, o acougo, tal como se fose un remedio ante a inquedanza que a presenza de tal número provoca. O que propón Mallarmé non é soamente un número (que exprese cantidade) senón o que o número significa como son, como voz, a cifra, a palabra tabú ou máxica que nos libra (aínda que na realidade non o consiga) do azar, é dicir, da desgraza, da posibilidade do infortunio (sempre ao axexo), como acontece nos obsesivos. O absurdo mundo pendente dunha absurda xogada.

XI. O infindo azar

Mallarmé concibira unha correlación íntima entre a Poesía e o Universo -mesmo noutro apartado advertiu que “o único deber do poeta é a explicación órfica da Terra”-, e para que esta fose pura, era necesario “sacala do Soño e do Azar é xustapoñela á concepción do Universo” (M., Fragmentos, p. 56).

Azar, etimoloxicamente (Corominas) significa `cara desfavorable do dado´. `lance desfavorable no xogo dos dados´, é dicir, mala sorte, desgraza, risco. No século XVI fálase de `casualidade´, `caso fortuíto´. Do árabe zahr, `flor´, vulgarmente `dado´, pola flor que se pintaría nunha das caras do dado.

Meillassoux conclúe que a única divindade accesible ao poeta do Nada é o Azar. “Logo só o Azar é eterno: iso é o que di, literalmente, o título de Un Coup de dés: “Un coup de dés jamais n’abolira le hasard” [Unha tirada de dados endexamais vai abolir o azar]. Dito doutro xeito, todo está sometido ao azar, calquera tirada queda engulida pola continxencia do aleatorio –agás o Azar, xa que a este non o pode enxendrar nin destruír ningunha tirada de dados. O Eterno é o Azar- o noso único Infinito”. (Q. M., p.76)

Se fose o Número, sería o Azar”. “E para máis misterio –apréndenos con acerto Eme Cartea (2011)-, este resultado da tirada de dados hai que lelo sobre o tapete das estrelas, na Constelación da Osa maior ou Carro, onde os dados seguen a rodar indefinidamente. Porque o Absoluto NON é PREDESTINACIÓN; é Azar, Acaso, Quizais… Que cada Lector emita, pois, unha tirada de dados…cara á súa propia LIBERDADE”.

dados1Un lance de dados non evita o azar. Sabémolo, mais no caso dun obsesivo ou dun home “triste” equivale a dicir: “O azar non evita a desgraza”. Un coup de dés, un golpe de Dieu, de Deus, non aboliría o risco que implica o acto de xogar. Mais Deus, segundo Einstein, non xoga aos dados. Abóndalle con xogar a ser Deus. Ou unha copa con Deus non debe significar alegría, fortuna ou celebración, porque, como di o dito, os risos traen choros. Unha sorte de xogo, de rezo, de superstición, un coup de dés, non abolirá (porque non hai lei que derrogar), nin nos librará do azar. O poema remata como comeza: Todo Pensamento emite una Tirada de Dados (p. XI), ou o que é o mesmo: Todo Pensamento emite unha Dúbida. O pensamento non vai abolir o impensado, senón que “o impensado contén o pensamento” (Lyotard, p. 63). Un exemplo do que non se pode falar e do que, no dicir de Wittgenstein, é mellor calar.

Deixádeme terminar cunha receita inventada e que practico: hai que cortar sempre o comezo e o final do que se escribe” (Mallarmé, Fragmentos, p. 39). Polo tanto estamos a falar dun un texto sen principio nin fin, é dicir, do Infinito (∞), da Eternidade, o mar da man do sol, polo que imos caer inevitablemente en Rimbaud: Elle est retrouvée / Quoi? –L’Eternité.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *