Jean Giono

el_hombre_que_plantaba_rboles_pop_upRomán Arén. A editorial Duomo ten no seu catálogo dúas edicións diferentes dunha das máis fermosas fábulas da literatura francesa do século XX, do discutido, pero indiscutible, Jean Giono: El hombre que plantaba árboles, as dúas edicións en tradución de Palmira Freixas.

Elzéard Bouffier, pastor, un carácter inesquecible, planta árbores durante máis de corenta anos na rexión dos Alpes que entra na Provenza, o lugar mítico, mais tamén real, de gran parte da obra de Giono, un escritor enraizado, pero non local. Unha das edicións leva unha breve nota de José Saramago, que considera esta peciña “unha proeza na arte de contar”. Completan as edicións as ilustracións de Simona Mulazzani. Joaquín Araújo pon o epílogo: “Porque si algún día conseguimos un Bosque de bosques también habremos logrado una Humanidad más humana”.

A outra edición de Duomo ofrece só o texto de Giono con fermosas ilustracións de Joëlle Jolivet. Un agasallo perfecto.

o home que plantaba 2Pero esta fábula ten tamén versión galega, aínda menos coñecida, a cargo de Margarita Suárez Caínzos e Antonio Orozco González. Aparece na revista <Animal> nº 16 en 2007. Non é a única peza de Giono posta na nosa lingua, pois xa Cunqueiro, que o consideraba un grande escritor, traduciu dous fragmentos do narrador francés, “Nacemento da Odisea” en outubro de 1970 co pseudónimo M. Mª Seoane e nota de Patricio Mor, Cunqueiro prologado por Cunqueiro; e “Jean Le Bleu”, que se publicou, como a outra no Faro de Vigo, esta vez o 21 de xullo de 1974. Polo demais, Giono é cita moi presente en varios artigos do autor mindoniense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *