A paixón e a culpa

af376d6f61901562a9892b0f81dee752--august-osage-county-play-the-oldFrancisco Ant. Vidal Blanco. Este Na-dal souben a historia de dous norteamerica-nos que eran amigos desde hai máis de 60 anos, compañeiros de escola e do mesmo equipo de fútbol que compartían o descoñe-cemento da súa paternidade, un era adoptado e o outro non tiña pai coñecido, polo que ambos decidiron inscribirse nun banco de datos de ADN con intención de atopar ós seus verdadeiros proxenitores, e entón o programa púxoos en contacto e descubriron que ambos os dous eran irmáns.

Casos coma este ou máis complicados hai para todos os gustos, e a culpa non é de ninguén máis ca da forza das paixóns, do difícil que é controlalas, da vergoña e culpabilidade que provocan e do máis difícil que é recoñecer as súas consecuencias, que chegan a manifestarse máis aló dos seus actores nas seguintes xeracións.

Contábame un amigo o caso acontecido cun compañeiro seu de estudios, que cadrou sentar nas aulas cunha rapaza con quen axiña chegou a intimar e facer boas migas, tanto así que non só comezaron a intercambiar apuntes e libros, senón que tamén algún que outro aloumiño, e tanto era o gusto dun polo outro que xa era normal que entrasen xuntos nas aulas, que saísen xuntos e ata que xantasen xuntos, ata que este amigo meu se decatou e o advertiu, que non podía seguir con esa moza, porque ambos eran irmáns. Nas respectivas vilas sabíano todos, agás eles dous, porque as consecuencias dunha paixón son o secreto peor gardado do mundo.
dvd-os-maias-capa-contracapa-encarte-lote1-ver-fotosraro-D_NQ_NP_404721-MLB20842920109_072016-FDo complicado que é o apaixonamento cos seus flocos económicos ou de comenencia, temos unha boa ringleira de casos en cada vila e en cada novela, película ou peza teatral. Entre fillos ventureiros, silveirentos e lexítimos, de amor e de necesidade, podemos abrir o libro de nunca acabar, con casos tan entrambilicados como que desaparezan os cadáveres do camposanto para que non se poida descubrir o ADN. E das reviravoltas que isto dá temos a historia que se conta na peza teatral de Tracy Letts, August: Ousag country, ou en Os Maias de Eça de Queiroz. Conflitos que son consecuencia de actos nunca confesados nin recoñecidos, que abocan a unha paixón amorosa entre irmáns e nos lembran a cantidade de casos de endogamia que se poden dar por descoñecemento ou descontrolado apaixonamento, levando adiante un amor que nalgún momento alguén prohibe de forma drástica por un motivo tan involuntario entre eles como a súa relación de consanguinidade. ¿Cantos casos non haberá que sen sabelo xuntan os xens paternos (os máis doados de agochar) ata provocar iso con que nos ameazaba a Igrexa de que o incesto xera monstros, ou como nos advertía a filosofía do refraneiro: «Nas orellas ou nos pés has semellar de quen es».
Sexa como sexa, a endogamia, con bula ou sen ela, sempre estivo aí, xa fose para perpetuar a unha familia no trono ou para xuntar terras e territorios, no antigo Exipto e na realeza europea.

endogamiaA endogamia, é un tabú cuxo caso máis soado é o dos veciños de Cambre, Daniel e Rosa, que cando se namoraron non sabían que eran irmáns, porque un criouse nun orfanato e outro coa nai despois de que seus pais se separasen, pero cando o souberon xa era tarde, xa o amor prendera con toda a forza e non tiveron valor para separarse.

2 comentarios en “A paixón e a culpa

  1. Querido Francisco:
    Es un tema peliagudo el que expones… Ya lo tocó Francisco Villaespesa en una poesía,
    refiriéndose a las niñas del hospicio: “Quién sabe si son nuestras hijas o nuestras hermanas”.
    En la vida real conozco un solo caso. En la literatura unos cuantos: como los gemelos Siegmund y Sieglinde de la ópera “La Walkiria” -de la tetralogía “El anillo del Nibelungo”- de Wagner. O los también hermanos gemelos de la novelita de Thomas Mann, “Sangre de Welsas”, basada de la citada ópera y hasta con los mismos nombres.
    No voy a meterme en juicios para los que no me siento capacitada y menos en el de un “apasionamiento” que se sabe ilícito desde el primer momento. Pero me sitúo en el caso de dos personas que se enamoran sin tener noción de su parentesco, viven una vida normal de pareja y con el tiempo se enteran de que son hermanos…
    La sociedad humana está cambiando –para bien o para mal- y “cousas veredes.” De hecho, se están viendo…
    “Ou nas uñas ou nos pés, has de tirar a quen es”. Así se decía en mis tiempos.
    Un abrazo de boas noites.

  2. Querido Francisco:
    Apasionante el tema que hoy apuntas, y efectivamente, que cada uno de nosotros conocemos casos dignos de mencionar. Aquí en nuestro pueblo hemos tenido uno muy singular. ( lo pongo en pasado porque ambos han fallecido, pero tú y yo, los hemos conocido) Un miembro de la pareja, concretamente el varón, se quedó huérfano a muy corta edad y lo llevó una tía a vivir a su casa. El chiquillo desde los seis o siete años convivió con su tía y tres primas, era un hermano más para ellas, y con el tiempo el muchacho y una de las primas se casaron. A mí no me parece extraño que se casen dos primos porque con este parentesco es bastante habitual , pero lo sí me parece raro es que habiéndose criado en la misma casa como dos hermanos llegasen a ese desenlace.
    Para que luego digan que la convivencia es lo peor de la pareja. En este caso, ahí está la excepción de la regla.
    Besiños palmeiráns, veciño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *