Os foros do Portus Apostoli no medievo

A importancia capital da vila debíase á súa condición de porto tradicional de Santiago
A importancia capital da vila debíase á súa condición de porto tradicional de Santiago

Xerardo AgraFoxo. Ao importante privilexio concedido polo rei Fernando II á vila de Noia, por medio da Carta Pobra de 1168, hai que engadir o outorgado anos máis tarde polo seu fillo Afonso IX. No ano 1229 este rei sinalou que só dous portos da arquidiocese compostelá, Noia e Pontevedra, puidesen elaborar saín (aceite de sardiña), aínda que só polos vasalos do Arcebispo. A devandita prerrogativa, reflectida no Tombo A da catedral de Santiago sería ratificada nove anos máis tarde, concretamente o 6 de novembro do ano 1238, polo seu herdeiro Fernando III: «A todos os homes de Galicia que esta carta viran, saúde e graza. Sabede, que por información de homes bos, souben que o meu pai estabelecera que en toda Galicia non se fixese saín de sardiña senón en Pontevedra e Noia».

Nesta época, Noia pertencía ao reino de Castela porque, despois de que o papa Calisto III anulase o matrimonio de Afonso IX coa súa curmá Tareixa de Portugal -do cal tivo dúas fillas, Sancha e Dulce-, o rei leonés casou con Berenguela, raíña de Castela. Desta unión nacería o futuro Fernando III, o cal herdaría o trono de Castela da súa nai en 1217 e o Reino de León en 1230 mediante acordo coas súas irmás.

Sería durante este reinado cando se espallou a idea de que 16 embarcacións de Noia, baixo o mando do almirante Paio Gómez Chariño, señor de Rianxo, participaran na toma de Sevilla no ano 1248 cando o porto andaluz estaba nas mans dos árabes (Magalhaes, 1962 ): «Se Fernando II conseguiu ocupar esta cidade ao fin de dois anos, nao tería sido precisamente graças á esquadra basca e galega que derrotou a frota marroquina, forçou a entrada do Gudalquivir e cortou a ponte de barcas que ligara a cidade ao arrabalde de Triana. Ora esta força naval cristá de 13 navíos á vela… foi armada nos portos de Santander, Laredo, Fuenterrabía, Santoña, Castro Urdiales, San Vicente de la Barquera, Avilés, Bayona, Noya, La Coruña, Pontevedra por Ramón Bonifaz, nobre burgalés ligado aos medios comerciais».

Tamén foi nesta época cando o arcebispo Xoán Arias (1238-1266), tendo en conta a importancia que acadara o Portus Apostoli dende a súa fundación no ano 1168, considerou conveniente outorgarlle uns foros municipais, os cales eran semellantes aos que redactaran os «onbres buenos de la villa de Pontevedra» por mandato do prelado. Non se conserva o foro orixinal de Fernando II, senón unha confirmación concedida por Afonso X a esta cidade no ano 1264.

Usos e costumes

A versión que coñecemos dos Foros de Noia, que recolle usos e costumes de centurias anteriores, está redactada no século XV (Martínez, 2013): «El fuero de Noya sintentiza los derechos que corresponden al arzobispo, señor de la villa, sobre sus habitantes y sus tierras, insistiendo en la vertiente económica de los mismos».

 

Un comentario en “Os foros do Portus Apostoli no medievo

  1. Buenas tardes, Xerardo: Hace un rato que hemos llegado del mercado de Noia. Ahora al venir a tomarme el café, me encontré contigo acompañando a “Os foros do Portus Apostolis no medievo” y con los privilegios del aceite de la sardina, el saín. ¡Interesante!
    Hace poco leí algo referente al aceite, que me llamó la atención; decía que en la cueva de Nerja, se han encontrado huesos de acebuche (una especie de olivo) de hace doce mil años. Las familias humildes que no disponían de un molino fabricaban su aceite por el procedimiento denominado “canal y zueco” que consistía en meter las aceitunas en un saco de trama ancha y pisarlas con un calzado de madera. El aceite resultante de la pisada chorreaba por un vertedero e iba parar a un recipiente. Desconocían el procedimiento tan factible y seguramente más higiénico del aceite de sardina.
    Besiños palmeiráns, AgraFoxo. Un placer leerte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *